25 N

        Aquí temos o resultado tras reflexionar e traballar sobre a eliminación da violencia de xénero e a convivencia. Quixemos plasmar as conclusións nas nosas pegadas, que nos levan cara o lema escollido: CAMIÑANDO XUNTOS/-AS CARA A IGUALDADE. Confiamos en que o noso labor nos leve a unha sociedade máis xusta, igualitaria e sen violencia.

 

 

 

 

NOVIDADES

            Xa temos colocadas as novas adquisicións, e todo grazas ao traballo dos/das "Chiscoaxudantes", que etiquetan, colocan e ordenan todos os exemplares que van chegando.

           Hai un montón de libros interesantes: banda deseñada, teatro, inventos, corpo humano... Seguro que ides atopar algo que vos gustará. Esperámosvos.

 

 

 

25 N

         Hai uns días demos comezo ás actividades para preparar o "25 N", Día Contra a Violencia de Xénero. Comezamos coas lecturas seleccionadas para esta cocasión, intentando reflexionar sobre este gran problema da nosa sociedade.

 

 

 

 

 

NOVIDADES

            Ola rapazada!

    Aquí temos as novidades da biblioteca, todos estes libros recén chegados ao noso cole. Desfrutade con eles!

 

 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

        Aquí temos unha selección de libros para celebrar o "Mes da Ciencia en Galego", complementando as actividades presentadas polo equipo de  "dinamización lingüística".

        Esperamos que atopedes neles moitas cousas interesantes.

 

 

 

 

XA REMATOU O SAMAÍN

 

      Trala lectura de libros de medo e sobre o Samaín, decoramos o noso panel da entrada cun “acróstico” nas súas letras. Ademais trouxemos un montón de cabazas, amosando a nosa creatividade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

E chegou o día… O pasado luns 23 de Outubro abrimos a biblioteca do noso colexio.

Tivemos unha pequena presentación na que o alumnado de 5º B leu un conto titulado “As palabras importan pouco, moito moitísimo” para os nenos e nenas de E. Infantil, 1º e 2º. Despois, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visionaron unha curta que ten por título “Cadea de favores”, para introducir o proxecto deste curso.

                Rematamos a sesión construíndo a nosa propia “cadea de favores” e, como non, levando AS MOCHILAS VIAXEIRAS.