Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

exposición

Recursos "Día internacional para a eliminación da violencia de xénero" e exposición dos libros

Presentámosvos varios recursos que se poden utilizar para traballar aspectos como a igualdade, o empoderamento, o respecto e a empatía. Pinchade na imaxe para acceder.

 

 

Exposición de libros polo mes da ciencia

Co gallo do mes da ciencia, tivemos na entrada da nosa biblioteca esta exposición tan interesante acerca das diferentes ramas da ciencia: astronomía, botánica, bioloxía, física...

 

Ademais, ampliamos a exposición da entrada do noso PDI "Construímos?", incluíndo a temática na que nos centramos este mes da ciencia: AS PONTES. Pouco a pouco irase enchendo coas pontes creadas dende as diferentes aulas.

 

Inauguración da exposición de arquitectura

Achegámosvos algunhas fotos das visitas á exposición que da comezo ao proxecto que imos traballar ao longo do curso: Construímos?, relacionado coa arquitectura.

 

   
   
   
   
   
 

Exposición do comezo do noso Proxecto Documental Integrado (PDI)

O vindeiro mércores será a inauguración da exposición do proxecto que imos traballar ao longo de todo o curso. Titúlase "Construímos?, e trata sobre a arquitectura (interrelacionándoa con todas as materias), e sobre a mellora dos espazos educativos. 

Distribuir contido


by Dr. Radut