Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Maio 2021

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

Bo día!

Temos boas novas! Xa a piques de rematar o curso chegaron novos  libros á nosa Biblioteca!

Se che gustan os libros de animais estás de sorte, pois hai unha morea de libros interesantes.

Anímate tamén  a coñecer as novas aventuras contadas por Greg, amplíase a colección do “Diario de Greg” .

E... ademais outros títulos interesantes sobre música, aventuras, o universo...

Bótalle un ollo ao andel de novidades!!

Día das Letras Galegas

Sabiades que  Xela Arias Castaño  foi unha  importante escritora, poeta e tradutora lucense que escribiu en varios idiomas? E que ademais foi editora e profesora de lingua galega?

Pois ben, este ano a  Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas que, como ben sabedes, celébrase o vindeiro luns 17 de maio. 

Ademáis de escribir libros para adultos , traduciu á lingua galega unha morea de libros interesantes para nenos e nenas. Moitos deles están na nosa biblioteca! Non deixedes de pasar por alí! Aquí vos mostramos algúns dos títulos…

ANDORIÑA - MAIO 2021

 

Velaquí un novo número da nosa revista escolar, Andoriña. Preme na imaxe para entrar. Que a disfrutedes!

CONTOS E MÁIS CONTOS

      Seguimos celebrando o "Día do libro" con máis contos. Nesta ocasión trátase dunha historia "cunha cor especial", unha versión do libro, O pito Cairo, realizada pola profe de A.L. e o alumnado de 2º B. A ver se vos gusta!

 

                  

DÍA DO LIBRO

      O pasado día 23 de Abril celebramos o "Día do Libro". Para iso o equipo de Voluntariado de 6º de E. Primaria ofreceu un conto no Kamishibai ao resto do alumnado. Respectando o protocolo covid, os nenos e nenas do centro foron pasando polo corredor de entrada ao cole, onde puideron desfrutar do conto "Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?".

      Aínda que foi unha celebración diferente, as voluntarias deron o mellor de si para achegar os libros a todos e todas.



by Dr. Radut