Sabiades que Xela Arias Castaño foi unha importante escritora, poeta e tradutora lucense que escribiu en varios idiomas? E que ademais foi editora e profesora de lingua galega?
Pois ben, este ano a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas que, como ben sabedes, celébrase o vindeiro luns 17 de maio.
Ademáis de escribir libros para adultos , traduciu á lingua galega unha morea de libros interesantes para nenos e nenas. Moitos deles están na nosa biblioteca! Non deixedes de pasar por alí! Aquí vos mostramos algúns dos títulos…