Un ano máis, todos os venres do mes de maio, tivemos na nosa escola o Apadriñamento Lector, no que o alumnado dos cursos superiores len ao de E. Infantil, 1º e 2º. Os maiores desfrutan guiando aos pequenos, e os pequenos están encantados de recibir esas preciosas lecturas con tanto agarimo.
Con estas novas adquisicións completamos os fondos adicados ao Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea á figura de Luisa Villalta. Entre eles, atopamos algúns libros coa súa biografía e os seus poemas. Esperamos que vos gusten.
DÍA DO LIBRO
Dentro do proxecto “Así convivimos no CEIP de Randufe....” , este ano, quixemos conmemorar o Día do Libro coa celebración dunha SEMANA INTERCULTURAL.
O respecto á diversidade é esencial para acadar una convivencia pacífica, e tendo en conta os dramas que estamos vivindo actualmente no mundo, quixemos aproveitar a diversidade cultural que existe no noso centro para poñela en valor.
De esta forma, elaboramos unha lista coas diferentes nacionalidades do noso alumnado e cada clase encargouse de facer un traballo de investigación sobre cada un dos países .
Finalmente prepararon uns "STANDS" para presentar o resultado que foron visitando todos os cursos!!!
Nestes vídeos podemos ver algúns deles!!!
O pasado día 19, o alumnado de 1º e 2º asistiu á Área Panorámica de Tui para celebrar o "Tui Le". Como levamos facendo nos últimos anos, xuntámonos cos colexios e institutos do concello de Tui para festexar a festa das letras e dos libros, contando ademais coa colaboración da Biblioteca Municipal e a Concellería de Ensino.
Intercambiamos libros, asistimos á actuación de "Pakolas e Laura Romero" e visitamos a exposición de carteis que fixo o alumnado participante.
Esperamos darlle continuidade a esta celebración e animar así a todos a que se acheguen ao fantástico mundo dos libros.
Hai uns días tivemos a sorte de contar coa visita de Sabela Gago e David Rodríguez, que nos contaron uns contos marabillosos.
Desfrutamos moito con eles!
O día 8 de marzo reunímonos para celebrar o Día Internacional da Muller.
Os voluntari@s de 6º de EP foron os encargados de guiar o acto e a canción de "Tataravoa" de Fillas de Casandra foi a elixida para conmemorar este día:
Este día non é só unha ocasión para lembrar os logros históricos das mulleres na loita pola igualdade de xénero, senón tamén aproveitamos para reflexionar sobre os desafíos que aínda enfrontan as nenas e as mulleres en todo o mundo.
Así, este ano as nosas conclusións quedaron plasmadas nestasbolboretas:
Finalmente compartir con todos e todas este DECÁLOGO realizado polos alumnos e alumnas de 3º de E.P:
Aquí temos ao noso alumnado desfrutando da obra de Rosalía de Castro no seu día e achegándose á poesía.
Xa temos aquí as últimas adquisicións da biblioteca. Esperamos que sexan do voso agrado e que desfrutedes con elas.
DÍA DA PAZ
Este ano, no Día da Paz plasmamos a DIVERSIDADE como un valor que enriquece as nosas comunidades e sociedades, achegando unha variedade de experiencias, coñecementos e habilidades. O respecto á diversidade implica aceptar e valorar as diferenzas, recoñecendo que cada persoa é única e ten algo único que achegar ao mundo.
Estes bonecos representan a importancia da coexistencia pacífica e respectuosa de diferentes culturas, razas, relixións, opinións…para acadar un mundo en PAZ.