Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Día das bibliotecas escolares

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

E chegou o día… O pasado luns 23 de Outubro abrimos a biblioteca do noso colexio.

Tivemos unha pequena presentación na que o alumnado de 5º B leu un conto titulado “As palabras importan pouco, moito moitísimo” para os nenos e nenas de E. Infantil, 1º e 2º. Despois, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visionaron unha curta que ten por título “Cadea de favores”, para introducir o proxecto deste curso.

                Rematamos a sesión construíndo a nosa propia “cadea de favores” e, como non, levando AS MOCHILAS VIAXEIRAS.

 

 

 

Celebración do día das Bibliotecas Escolares: conto "O tesouro da escola"

Para celebrar o Día das Bibliotecas, os chiscoaxudantes (alumnado de 5 de primaria) cóntannos o conto de "O tesouro da escola", relacionado coa arquitectura.

Grazas polo voso traballo!

Celebración do día das Bibliotecas Escolares: coñecemos as novas normas da biblioteca.

Atención aos Chiscoaxudantes! Non vos perdades as normas e a organización da biblioteca desde curso escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut