Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Convivencia

A NOSA CONSTRUCIÓN POLA PAZ

E...despois de disfrutar e aprender a través dos contos, fixemos unha  creativa "Construción pola Paz" que aquí vos presentamos. Cada ladrillo representa un valor importante para a convivencia.

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!

Esperamos que vos guste. 

 

 

 

 

CONSTRUÍNDO A PAZ A TRAVÉS DOS CONTOS

Este é un curso complicado para toda a comunidade educativa. A miúdo atopámonos cansos, preocupados, nerviosos...  e aínda así, en moitas ocasións sacamos a noso mellor sorriso ou as nosas mellores verbas , simplemente para facer o día máis agradable as persoas que temos ao lado.

 

 

 

 

CONSTRUÍNDO A PAZ A TRAVÉS DOS CONTOS: VÍDEOS DO ALUMNADO

Finalmente a través do proxecto do cole “Construímos?” convertemos os valores aprendidos en ladrillos brancos cos que construímos unha casa.  Este espazo representa o noso fogar, o noso centro, a nosa vila, a nosa comunidade... E todo grazas aos  alumnos  e  alumnas do cole que son e serán os verdadeiros construtores dun MUNDO EN PAZ!!!!

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

VIDEO TITORIAL: "COMO FORRAR UN  ENVASE BRICK"
 
 

Nadal en Randufe

Con este vídeo pretendemos felicitar as festas tanto aos nosos compañeiros e compañeiras doutras aulas como a toda a comunidade educativa. Aínda que non esteamos tan xuntos como nos gustaría, sentimos a vosa cercanía.

Unha aperta e felices festas!

CONSTRUÍNDO IGUALDADE

Esta é a magnifica PIRÁMIDE que construímos no CEIP de RANDUFE durante a semana do 25 de novembro con motivo da celebración do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero. 

Unha importante TAREFA EN EQUIPO co obxectivo de CONSTRUÍR IGUALDADE!!

Contamos coa colaboración das familias e tamén co asesoramento dos alumn@s de Sexto curso que nos achegaron as súas pesquisas matemáticas. Moitas grazas a tod@s!! 

 

 

XOGOS SEN CONTACTO

"A MARIOLA"

 

  

"VEXO, VEXO..."

 

Recursos "Día internacional para a eliminación da violencia de xénero" e exposición dos libros

Presentámosvos varios recursos que se poden utilizar para traballar aspectos como a igualdade, o empoderamento, o respecto e a empatía. Pinchade na imaxe para acceder.

 

 

CONSTRUÍNDO IGUALDADE

Aquí vos deixamos o vídeo explicativo sobre como facer o cubiño de papiroflexia que servirá como peza base para construír a  nosa pirámide titulada "Construíndo igualdade".

Preme na imaxe

 

 

XOGOS SEN CONTACTO

"A ORQUESTA"

"ORDENES INVERSAS"

Distribuir contido


by Dr. Radut