Bo día!
Temos boas novas! Xa a piques de rematar o curso chegaron novos libros á nosa Biblioteca!
Se che gustan os libros de animais estás de sorte, pois hai unha morea de libros interesantes.
Anímate tamén a coñecer as novas aventuras contadas por Greg, amplíase a colección do “Diario de Greg” .
E... ademais outros títulos interesantes sobre música, aventuras, o universo...
Bótalle un ollo ao andel de novidades!!