APERTURA DA BIBLIOTECA

           Ola a todos e todas!

O vindeiro luns abrimos a BIBLIOTECA do cole e comezamos co empréstito de libros e as mochilas viaxeiras.

Esperámosvos.

RECANTO CREATIVO

Aquí temos á nosa rapazada desfrutando no RECANTO CREATIVO, deixando voar a imaxinación...

BUSCAMOS CHISCOAXUDANTES

Xa estamos en marcha! Precisamos “Chiscoaxudantes” das aulas de 5º de E.P. que queiran colaborar nas tarefas da biblioteca escolar durante este curso.

Esperámosvos!!

 

Contactade connosco antes do día 16 de Outubro.

 

 

BENVIDA AO NOVO CURSO

 

Benvidos a todos e todas a este curso que, un ano máis,  comezamos con moita ilusión e enerxía. Nesta ocasión queremos levar a cabo un proxecto para traballar a convivencia e o bo clima no noso colexio, titulado “Así convivimos no CEIP de Randufe”. Ao longo do curso presentaremos actividades que nos axuden a reflexionar e a actuar para acadar un ambiente agradable e de respecto no noso centro, para vivir en paz e harmonía, en definitiva, para ser felices na escola.

 

C:\Users\Isa\Desktop\Cartel Proxecto.jpg

GUÍA DE LECTURA DE NADAL

     Un ano máis presentámosvos a Guía de lectura do Nadal con propostas de libros para pedir aos Reis Magos, ao Apalpador ou a Papá Noel.

 

A LECTURA DUN BO LIBRO PODE SER MÁXICA.

 

Boas festas!

 

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

           Para crear unha sociedade libre de violencias contra as mulleres, faise necesario traballar a igualdade de xénero dende a escola. Este ano, baixo o lema "A IGUALDADE ESTÁ NAS NOSAS MANS" , traballamos esta temática nas titorías e rematamos cun "Obradoiro de mans" conxunto, onde cada un/unha de nós expresamos o noso rexeitamento á violencia de xénero. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Tamén contamos cun recanto de libros sobre o tema na entrada.

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 

         Este ano o mes da ciencia está adicado a dous  moi interesantes: Evariste Galois,  matemático francés creador da teoría de grupos moderna, e Ángeles Alvariño: oceanógrafa e zoóloga galega descubridora de máis de vinte especies mariñas.

          Xunto co equipo de D.L. creamos un espazo na nosa escola con libros sobre esta temática, accesibles para toda a comunidade educativa e onde se ilustra a biografía destes científicos, traballada nas aulas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

           Estas  son as algunhas das novas adquisicións da nosa biblioteca!!

 

 

         Achégate na hora de ler ou nos recreos e pasa un rato entretido connosco!!

 

 

SAMAÍN

         Un ano máis chega o Samaín e para achegarnos a esta celebración, nada mellor que descubrir historias terroríficas, coñecer tradicións e crear divertidos poemas e relatos...

 

 

 

 

APERTURA DA BIBLIOTECA

          O pasado 24 de Outubro, con motivo do Día das Bibliotecas, abrimos  a biblioteca do noso centro. Como este curso imos traballar sobre o Medio Ambiente, os "Chiscoaxudantes" de 5º de E.P. prepararon un conto moi bonito que ten moito que ver coas bibliotecas e co tema a traballar: A árbore da escola, de Antonio Sandoval.

           Ademais puxemos en funcionamento as "mochilas viaxeiras", que todas e todos estabamos agrardando con impaciencia, e o empréstito de libros.

 

 

           Esperamos que todos e todas desfrutedes mergullándovos nos libros, contos e historias e viaxedes polos marabillosos mundos que nos ofrecen.