BENVIDA AO NOVO CURSO

 

Benvidos a todos e todas a este curso que, un ano máis,  comezamos con moita ilusión e enerxía. Nesta ocasión queremos levar a cabo un proxecto para traballar a convivencia e o bo clima no noso colexio, titulado “Así convivimos no CEIP de Randufe”. Ao longo do curso presentaremos actividades que nos axuden a reflexionar e a actuar para acadar un ambiente agradable e de respecto no noso centro, para vivir en paz e harmonía, en definitiva, para ser felices na escola.

 

C:\Users\Isa\Desktop\Cartel Proxecto.jpg