Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Novembro 2020

Recursos "Día internacional para a eliminación da violencia de xénero" e exposición dos libros

Presentámosvos varios recursos que se poden utilizar para traballar aspectos como a igualdade, o empoderamento, o respecto e a empatía. Pinchade na imaxe para acceder.

 

 

Exposición de libros polo mes da ciencia

Co gallo do mes da ciencia, tivemos na entrada da nosa biblioteca esta exposición tan interesante acerca das diferentes ramas da ciencia: astronomía, botánica, bioloxía, física...

 

Ademais, ampliamos a exposición da entrada do noso PDI "Construímos?", incluíndo a temática na que nos centramos este mes da ciencia: AS PONTES. Pouco a pouco irase enchendo coas pontes creadas dende as diferentes aulas.

 

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

Ola chic@s!

Aquí vos deixamos as últimas novidades chegadas á nosa Biblioteca!

Non deixedes de botarlle unha ollada a este andel. Hai libros mooooi interesantes e divertidos.  Esperámosvos!

OS CHISCOAXUDANTES XA ESTÁN AQUÍ!

Despois dunha primeira sesión de formación, os Chiscoaxudantes xa están na biblioteca facendo as súas labores. Grazas pola vosa axuda!

 

 

 
 
 

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS DE ARQUITECTURA

Aquí vos deixamos algúns dos libros que temos na Chiscobiblioteca relacionados co Proxecto que estamos empezando a traballar no centro. Iremos incorporando máis, así que estade atentas e atentos! Pinchade na imaxe para velos.

 

Normas biblioteca

Aquí vos deixamos unha infografía para que poidades repasar as normas da biblioteca, xa que este ano tivemos que introducir moitas novidades. Pinchade na imaxe para acceder ao texto completo.

 



by Dr. Radut