Día do libro

Bo día rapazas e rapaces!

Aquí vos mostramos algunhas das actividades que fixemos para conmemorar o  "Dia do Libro"

Compartimos divertidos momentos de recreo lendo e creando un fantástico mural! Esperamos que vos gusten! 

MALETA VIAXEIRA

       Dende  hai uns días, xunto coas habituais novidades de libros, contamos coa "Maleta Viaxeira" do CEFORE, que teremos en empréstito durante un mes. Contén libros e fondos en inglés, que irá rotando polas clases, para que todos e todas aprendamos un chisquiño máis desta lingua e nos acheguemos á lectura.

     Desfrutádea!

 

ENCONTROS PLAMBE

         A finais de Marzo, as mestras do equipo de biblioteca, asistimos aos encontros PLAMBE en Santiago de Compostela. Alí aprendemos e compartimos con outros centros e con persoeiros do mundo do libro, como xestionar e mellorar as bibliotecas escolares.

 

 

DÍA DE ROSALÍA

        Como todos os anos, celebramos o "Día de Rosalía" na escola. A verdade é que estivemos ocupadísimos traballando, investigando e, sobre todo, desfrutando coas súas obras. Para mostra, todos estes traballos que tivemos expostos no recanto da entrada: poemas ilustrados, murais, elaboración de libros, minilibros coa súa biogarafía, mostra da súa obra... e ata decoramos os chanzos das escaleiras cos seus poemas, para que nos alegren a vista cando entramos!

 

 

 

 

 

                      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

Ola!  Outra vez estamos aquí cunha chea de NOVIDADES!

-"Camiño portugués da costa"

-"Santiago, Santiaguiño, vai facer o o camiño"

-"Las chicas jugamos a todo"

-"Cuentos con Arte"

-"Cuida tu salud"

Estes son, entre outros ,os títulos de novos libros que podedes ler, mirar, disfrutar...

Ademáis un  ESPECTACULAR libro con forma de roda. Gústavos a FÓRMULA 1?

Esperamos que vos gusten!

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

 Ola de novo!

Coa chegada da primavera queremos presentarvos algúns interesantes libros recén chegados.

Animádevos a pasar polo andel de NOVIDADES, poderedes atopar… títulos como “A vida diaria dos romanos”, “O Diario de NiKi” , “As pombas de Bastián” e… tamén increíbles libros sobre o corpo humano e libros de poesía…entre outros.

Non deixedes de visitarnos!

 

XOGOS DE MESA 2

Regresan os VOLUNTARI@S de 6º de E.Primaria con dous xogos novos:

- RUSH HOUR

- PUZZLER PRO

Animarvos a probalos!

 

DÍA DA PAZ

          Xa que a paz é un tema que temos que ter presente todos os días, no cole levamos varias semanas traballando, lendo,  reflexionando  e deixando unha pegada moi visual para que o teñamos sempre presente.

          Ao mesmo tempo que reflexionamos sobre como encaramos os nosos conflitos e como podemos aprender a resolvelos, tamén nos achegamos a lecturas que nos axudan nesta tarefa, seleccionadas para esta ocasión e ubicadas no recanto de entrada do cole.

          Despois, entre familias e profesorado prepararon a base do mural, pintando no muro do pavillón, para que nós puideramos deixar a nosa pegada escribindo palabras ou facendo debuxos alusivos á paz.

 

 

 

 

 

 

 

 

Novidades na nosa Biblioteca

Bo día rapazas e rapaces de Randufe!

Aquí estamos de novo para presentarvos unhas interesantes novidades lectoras. 

Animádevos a pasar polo andel, descubriredes libros con historias increíbles!!

 

!

MALETA VIAXEIRA

       Atención rapazas e rapaces, profes, mamás e papás: temos, recén chegada ao noso centro A MALETA VIAXEIRA DE CREACIÓN ARTÍSTICA, emprestada polo CEFORE. Terémola durante un mes connosco para que poidamos aprender, crear, investigar e divertirnos cos  marabillosos libros que contén.  Atoparédela no corredor da entrada. Desfrutádea!