BIBLIOTECA 22-23

AQUÍ DEIXAMOS UN PEQUENO RESUMO DAS ACTIVIDADES REALIZADAS AO LONGO DESTE CURSO!!!!!

XOGOS DE MESA 2

Regresan os VOLUNTARI@S de 6º de E.Primaria con dous xogos novos:

- RUSH HOUR

- PUZZLER PRO

Animarvos a probalos!

 

 

 

 

XOGOS DE MESA na biblioteca

Regresan os voluntari@s para lembrarnos que na biblioteca dispoñemos dunha chea de XOGOS DE MESA cos que podemos gozar e aprender !!!

 

 
A continuación presentamos  a explicación do xogo: GRAVITY MAZE

 

CHISCOXOGOS

CHISCOXOGOS 5 e 6

Chegamos ao final do trimestre e os "voluntari@s" de 6º de E. Primaria rematan coa presentación de dous novos xogos!!

A divertirse!!!

 

25 N

          Con motivo do día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, o alumnado do noso cole estivo realizando diversas actividades para conmemoralo e intentar telo presente ao longo de todo o ano.

     Unha desas actividades consistiu en traballar a canción de Rozalén, "La Puerta Violeta", recollida neste vídeo polo alumnado de 1º. 

 

 

CHISCOXOGOS 2 e 3

 

Os "VOLUNTARIOS" de 6º de E.Primaria presentan dous novos xogos : 

- "VEXO, VEXO"

-"A ORQUESTRA"

 Moitas grazas!!!!

CHISCOXOGOS

Ola rapazas e rapaces!

Para comezar este novo curso imos recordar os "CHISCOXOGOS" co propósito de seguir mellorando a nosa convivencia. Esta vez son os participantes do programa de "Voluntariado" os encargados de presentarnos uns excelentes videos demostrativos.

Graciñas compañeir@s de 6º de E. Primaria!!!!!

Aquí vos deixamos o primeiro xogo:  "ORDES INVERSAS"

 ANIMÁDEVOS A XOGAR!

TEATRO: A ÁRBORE QUE NON TIÑA FOLLAS

   

 
      Como remate á actividade lectiva, o alumnado de 2º B representou unha adaptación do libro "A árbore que non tiña follas". Aquí hai madeira de artistas.

 

GUÍA DE LECTURA DO VERÁN

      Despois dun intenso curso, por fin chegan as vacacións. Para entretervos nos momentos de lecer e descanso, aquí tedes unha guía de lectura que vos acompañará este verán.

 

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

Bo día!

Temos boas novas! Xa a piques de rematar o curso chegaron novos  libros á nosa Biblioteca!

Se che gustan os libros de animais estás de sorte, pois hai unha morea de libros interesantes.

Anímate tamén  a coñecer as novas aventuras contadas por Greg, amplíase a colección do “Diario de Greg” .

E... ademais outros títulos interesantes sobre música, aventuras, o universo...

Bótalle un ollo ao andel de novidades!!