BÚSCANSE CHISCOAXUDANTES

Chisco precisa a vosa axuda!!  Entre as novas normas, os libros que non paran de chegar e todo o que ten que desinfectar, non pode máis. Poderán presentarse a Chiscoaxudantes o alumnado da aula de 5º de Educación Primaria, avisando a súa titora ou a Estrella. 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Chisco entrega os diplomas e mochilas ao voluntariado do curso pasado

A semana pasada Chisco estivo a repartir entre o alumnado de 6º os diplomas e as mochilas viaxeiras por ter participado nas actividades de voluntariado o ano pasado. Moitas grazas pola vosa entrega!

50 ANOS DA BIBLIOTECA DE TUI

A biblioteca de Tui está de aniversario! Xa van 50. Pincha na imaxe para acceder ás múltiples actividades que teñen pensadas para esta celebración. Aínda non tes o teu carnet da biblioteca pública? Non o dubides e faino: é gratuíto e poderás acceder a gran cantidade de libros! Ademais, este carné é válido para todas as bibliotecas públicas de Galicia e incluso poderás facer empréstitos dixitais a través da plataforma Galicia Le.

Benvidos/as ao novo curso escolar!

 

 

Ola rapazolas e rapazolos de Randufe!

Teño moitas gañas de vervos. Para aqueles que non me coñezades son Chisco, a mascota da biblioteca. Encárgome de coidar dela cando ninguén está e gústame ver como usades os libros para aprender e para divertirvos. Encántame que os coidedes con tanto agarimo!

Este ano a volta ao cole será un pouco estraña porque haberá moitas novidades, pero xa veredes, unha vez que saibamos as normas, todo será máis sinxelo. 

Ímolo pasar en grande. Benvidos e benvidas a unha nova aventura!