Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Xaneiro 2022

Novidades na nosa Biblioteca

Bo día rapazas e rapaces de Randufe!

Aquí estamos de novo para presentarvos unhas interesantes novidades lectoras. 

Animádevos a pasar polo andel, descubriredes libros con historias increíbles!!

 

!

MALETA VIAXEIRA

       Atención rapazas e rapaces, profes, mamás e papás: temos, recén chegada ao noso centro A MALETA VIAXEIRA DE CREACIÓN ARTÍSTICA, emprestada polo CEFORE. Terémola durante un mes connosco para que poidamos aprender, crear, investigar e divertirnos cos  marabillosos libros que contén.  Atoparédela no corredor da entrada. Desfrutádea!

 

 

NADAL NO NOSO COLE

       Un ano máis, chegadas estas datas, tivemos na nosa escola o "Cine polo Nadal", pero nesta ocasión, por segundo ano consecutivo, cun formato diferente debido á pandemia. Cada curso visionou na súa aula unha película...e sen flocos de millo.Triste

       Para conseguir as entradas para o cine, tivemos que superar diferentes probas, como, por exemplo, buscar as pezas agochadas pola clase para formar a figura do Apalpador.

       Pero, sabedes o mellor? Sabedes quen veu visitarnos? O mesmiño Apalpador xunto co Pandigueiro. Si, lestes ben. Cos seus contos e historias fixéronnos pasar uns bos momentos. Esperamos que volvan noutra ocasión.

 

 

 

Novidades na nosa Biblioteca

Bo día! 

Aqui vos deixamos novas propostas de lectura que atoparedes no andel de NOVIDADES da nosa biblioteca: libros sobre enigmas e xogos, preguntas e respostas sobre o mundo, retos de inxenio... e tamén, entre outros, algúns títulos das coleccións "Una casa de locos", " Dino Ruedas"...

Non deixedes de pasar por alí! 



by Dr. Radut