blogue deprimeiro

Día de Rosalía

Ola a todxs!

O pasado mércores 24 de xaneiro, conmemoramos na escola o Día de Rosalía con diversas actividades: coñecemos algo da súa vida lendo a súa biografía, escoitamos poemas musicados, recitamos algún e creamos un mural colaborativo co retrato da escritora e diversas estrofas da poetisa. Ademais, fixemos un CALDO DE GLORIA! estaba delicioso...

Somos xogo!

Ola a todxs!

O pasado xoves 18 de febreiro tivemos a visita do obradoiro "Somos xogo". No cal se pretende dinamizar, difundir e revalorizar o xogo como importante compoñente do patrimonio cultural galego e alentar á creación de novos recursos lúdicos.

Fixemos unhas incríbles tartarugas de competición, aquí tedes o resultado!

Laboratorio de 1ºB

Estimadas familias.

Dende a clase de Primeiro B comezamos cun proxecto de ciencia co que pretendemos potenciar o enfoque científico integrado (STEM), basado na idea de educar aos estudiantes nas catro disciplinas científicas: matemáticas, ciencias, tecnoloxía e enxeñería.

A ciencia pode resultar moi sinxela e divertida. Só temos que aproveitar a curiosidade natural dos nenos e os recursos dispoñibles!

Esperamos que vos guste!

Proba

Hola

Xogo das diferenzas

Un dos xogos favoritos d@s nen@s de 1º A son as diferenzas. Deste modo, animáronse a crear as súas propias fotografías cambiando algún elemento. Animádesvos a buscar estas diferenzas?

 

Distribuir contido