Última Hora
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
Enviado por Anónimo o Mar, 16/11/2021 - 14:12Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). (VER TEXTO COMPLETO)
ALUMNADO DESTINATARIO:
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 (é dicir, as familias que recibiron o vale por valor de 50 euros para a compra de material escolar)
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.
PRAZO: ATA O 26 DE NOVEMBRO DE 2021.
Comunicado 23/10/20
Enviado por delfin o Ven, 23/10/2020 - 20:45Estimadas familias:
Comunícolles que se confirmou un caso/brote da Covid-19 no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla. Ata o momento detectouse 1 único caso. O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 14 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas[1] respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.
Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:
• Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, desde as autoridades sanitarias, contactarase coa familia para dar as indicacións necesarias.
• Os contactos estreitos deben realizar corentena durante o tempo que determinen os sanitarios, excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 3 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento[2] e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.
• O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.
• Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.
Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS[3].
Reciban un cordial saúdo,
A Dirección.
[1]Cuestionario de autoavaliación: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/enquisa_de_autoavaliacion.pdf
[2]Illamento no domicilio de casos confirmados: https://www.sergas.es/Saude-publica/Illamento-domicilio?idioma=ga
[3]Web do SERGAS de información para a cidadanía sobre o coronavirus: https://coronavirus.sergas.gal/