Blogues

Personality Adjectives Song

Aprende a describir a personalidade dunha persoa...In English!!!

How to describe people

Aprende como describir personas en inglés de forma sencilla e divertida!!!

Verb To BE

Aquí vos deixo un video moi interesante sobre o uso do verbo To Be ( Ser ou Estar)

Como facer un sismógrafo

Os compañeiros e compañeiras de 4º curso andan a argallar un novo invento. Neste caso trátase dun sismógrafo, pois estamos moi interesados en todo o que ten que ver cos fenómenos naturais.

Atréveste a facelo con nós?

Preme na presentación para velo... 

To have

Boas, 

Aquí vos deixo un video para repasar o verbo To Have.

 

 

Webmix Samaín en Symbaloo

O Samaín márcanos o remate do verán e o comezo do longo inverno, desde o CEIP Plaia de Quenxe queremos evitarvos o aburremento nestes chuviosos días cunha serie de actividades e lecturas terroríficamente divertidas.

Podemos recordar coñecidas personaxes que acabaron tendo unha cabaza por cabeza. Sería de pouco estudar? Veremos como chegaron a perder o melón, lendo as historias e lendas de Jack O'Lantern e Sleepy Hollow.

Os grandes lectores van a desfrutar coas "historias de medo no museo", clicando nos bloques podedes acceder directamente aos arquivos pdf e comezar a ler.

Para os máis cativos temos unhas actividades que nos envían os nosos amigos Os Bolechas.

Toda unha mestura de curiosidades que atoparedes en...

https://www.symbaloo.com/mix/osamain2

SAÍDA AO MONTE PARA OBSERVAR FLORA AUTÓCTONA

O vindeiro xoves, 14 de xuño, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria realizará unha actividade de saída ao monte, nun roteiro que rematará en San Pedro de Redonda, para realizar un recoñecemento de especies de prantas autóctonas. Esta actividade forma parte dunha iniciativa conxunta coa Asociación Boca de Sapo, ao frente da que están  Belén, María, Serxio, Juan, Paco e Alex, entre outr@s integrantes (entre os que coido que xa me podo incluir). En conxunto, o obxectivo é promover unha comunidade unida para coidar a contorna e defender o territorio, e a primeira acción é a creación de bosques autóctonos, e a iniciación de actividades educativas que sirvan para concienciar na idea da conservación do noso patrimonio. 

Para a a realización desta actividade teremos o privilexio de contar coa colaboración de, por un lado, Belén Lorenzo Arenal, profesora de Bioloxía no IES Fernando Blanco, e integrante da asociación Boca de Sapo, que nos acompañará  ao longo do roteiro e nos explicará as prantas atopadas. 

Antes da saída, Paco (Francisco Santiago López) realizará unha exposición audiovisual sobre a natureza endémica da Costa da Morte, fauna e flora, e daranos unha pequena charla na Biblioteca do centro. 

A continuación iniciaremos a saída, á que deberemos acudir con calzado apropiado para a auga (o mellor, botas de goma), xa que as chuvias das últimas semanas fixeron que o terreo estea encharcado. 

Irán equipados con bolsas de lixo e luvas de plástico, porque outra das actividades será a recollida de lixo no monte. Este material proporcionarémosllelo no colexio. 

Despóis da recollida de lixo, será Belén a que, xa no monte, realice a exposición sobre flora galega, que manterá durante todo o camiño de volta. 

Para prepararnos, estaremos traballando sobre as prantas autóctonas a vindeira semana. Aquí vos deixo o enlace ao blog de Belén para que os vosos fillos e fillas podan acceder a el e ir estudando para que ao chegar sexan os máis rápidos en recoñecer as especies. Tamén propoñeremos que busquen información sobre esas prantas. 

Blog de Belén Lorenzo. 

Ao longo desta semana iremos publicando máis novas ao respecto. 

TRABALLOS DE CIENCIAS

Publicamos aquí os traballos elaborados en ppt polo alumnado de 6º de primaria sobre os seres vivos, para que sirvan de axuda no estudio. 

 

Un saúdo. 

Folga do día 8 de marzo

Mediante a presente informo á xente que poida verse afectada que mañá, 8 de marzo de 2018, secundarei a folga convocada para mañá, 8 de marzo. Na miña aula só se realizará garda e custodia das crianzas durante as sesións das materias que eu imparto.

 

Atentamente,

 

Martina.

CORCUBIÓN E A SÚA COMARCA DURANTE A GUERRA DA INDEPENDENCIA

O alumnado de 6º está neste momento investigando e estudiando sobre a guerra da independencia. Xurdiu un grande interese sobre o feito de que os soldados franceses acudisen a saquear estas terras. A petición súa, e por interese meu como mestra, publico enlaces coas páxinas que atopei con información de interese sobre o asunto.

 

http://gie1808a1814.tripod.com/hechos/corcu.htm

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2009/04/26/cinco-meses-estado-guerra-contra-tropas-napoleon/0003_7677604.htm

https://galicia1809.wordpress.com/2013/01/29/interesante-o-asentamento-das-tropas-galas-en-cee-e-corcubion/

 

Aproveito para invitar a todos aqueles familiares que coñezqan datos sobre a época e queiran vir compartir os seus coñecementos co noso alumnado. Estaremos moi agradecidos.

Distribuir contido