CONVOCATORIA DA ANPA ALÉN

ANPA ALÉN

Ceip Praia de Quenxe

 

Estimados pais e nais:

Coa elección da nova directiva acabamos de iniciar outra etapa na ANPA ALÉN. a nosa intención é abrir un tempo novo no que, coa vosa colaboración, poidamos afrontar retos ilusionantes. Precisamos dunha ANPA forte para acometer melloras no día a día da comunidade escolar. Queremos contar con todos e todas para que xuntos poidamos lograr esos avances que, a bo seguro, redundarán nun beneficio común. 

Por iso, convocámosvos a unha xuntanza o VINDEIRO MÉRCORES DÍA 13 para que sexades parte deste proxecto. Queremos coñecer as vosas inquietudes, pero tamén dar a coñecer os beneficios que terá o feito de pertencer á ANPA ALÉN. Sabedores dos problemas que moitos e moitas podedes ter para conciliar esta xuntanza coa vosa vida familiar e laboral, optamos por facer dúas convocatorias para que a maior cantidade posible de pais e nais esteades presentes. 

As dúas citas serán:

 

Pola mañá na BIBLIOTECA DO COLEXIO ÁS 09:15h.

Pola tardiña na CASA DA CULTURA ás 20:15h. 

 

Orde do día:

 

1.  Presentación e aprobación da nova directiva e novos Estatutos. 

2.  Campaña de captación de novos socios da ANPA. Vantaxes do novo carné. 

3.  EStado de contas da entidade. 

4.  Obxectivos a conseguir neste curso escolar. 

5.  Rogos e preguntas. 

 

Sen máis, recibide unha cordial aperta.

 

ANPA ALÉN

Corcubión, 8 de novembro de 2019

Polo San Martiño, peóns ao camiño

Estimadas familias:

 

Peón, Buxaina, Trompo...

Diferentes nomes para un mesmo xogo.

 

A Anpa Alén, na súa teima por recuperar o xogo tradicional, vai celebrar un ano máis o "Día do Peón".

A idea é "prender a mecha" para que non se perda este tipo de xogos que xa se xogaban en tempos dos nosos avós, tataravós e máis alá.

Por eso pedimos que, este Mércores 13, o alumnado traia unha buxaina para xogar no recreo (esta Anpa entregará buxainas, como vén facendo até o de agora, ao alumnado novo).

Todas as familias estaredes invitadas a vir xogar cos vosos fillos/as. Para facelo, deberedes agardar ás horas do recreo, pola porta de acceso ao patio que está detrás do colexio (fronte ao polideportivo). Abriránsevos as portas para a entrada na hora dos dous recreos (o primeiro, ás 10:55h. e o segundo ás 12:55h.)

Saúdos e moitas grazas.

Anpa Alén

Como facer un sismógrafo

Os compañeiros e compañeiras de 4º curso andan a argallar un novo invento. Neste caso trátase dun sismógrafo, pois estamos moi interesados en todo o que ten que ver cos fenómenos naturais.

Atréveste a facelo con nós?

Preme na presentación para velo... 

Webmix Samaín en Symbaloo

O Samaín márcanos o remate do verán e o comezo do longo inverno, desde o CEIP Plaia de Quenxe queremos evitarvos o aburremento nestes chuviosos días cunha serie de actividades e lecturas terroríficamente divertidas.

Podemos recordar coñecidas personaxes que acabaron tendo unha cabaza por cabeza. Sería de pouco estudar? Veremos como chegaron a perder o melón, lendo as historias e lendas de Jack O'Lantern e Sleepy Hollow.

Os grandes lectores van a desfrutar coas "historias de medo no museo", clicando nos bloques podedes acceder directamente aos arquivos pdf e comezar a ler.

Para os máis cativos temos unhas actividades que nos envían os nosos amigos Os Bolechas.

Toda unha mestura de curiosidades que atoparedes en...

https://www.symbaloo.com/mix/osamain2

RESULTADOS DO PROCESO ELECTORAL DA ANPA ( CON CORRECCIÓN DE ERROS )

Suscríbese, a continuación, comunicación enviada pola nosa Anpa. 

Estimadas familias:

Reunidos a nova directiva resultante do proceso electoral, tal e como marcan os nosos estatutos, queda configurada co seguinte reparto de cargos:

 

Presidencia: Mª Jesús López Haz.

Vicepresidencia: Rubén Sánchez Galán.

Secretaría: Raquel Blanco García. 

                 Sandra Raquel Andrade Lago. 

Tesourería: Sandra Raquel Andrade Lago. 

                 Raquel Blanco García

Vogais:

Alexandre López Romero

Xosé Henrique Rodríguez Portela

Susana González Santos

Francisco Xosé Hermida Abelleira

 

Noméase a Raquel Blanco García como a representante da Anpa Alén no Consello Escolar. 

En breve, reunirémonos con todas as familias que así o desexen para presentarnos, dar todo tipo de información que se precise, responder as dúbidas e preguntas, así como organizar, entre todos e todas, as posíbeis iniciativas para este curso 2019 - 2020.

 

Un saúdo cordial

Anpa Alén. 

FESTA DO SAMAÍN - MAGOSTO (horarios actualizados)

30/10/2019 12:55
30/10/2019 14:00
Europe/Madrid

Estimadas familias:

 

O vindeiro día 30 de outubro celébrase no CEIP Praia de Quenxe a festa do Samaín e o Magosto, no que a ANPA Alén colaborará facendo castañas asadas acompañadas da típica chiculatada.

Para isto, contamos coa colaboración de tódolos nenos e nenas do cole, aos que lle pedimos que cada un traia un puñadiño de castañas cun corte xa feito para repartilas entre tódolos rapaces e máis que vos acheguedes ata o cole para celebrar a festa todos xuntos. Non esquezades traer a vosa cunca reutilizable, para colaborar co obxectivo Residuo 0 deste ano.

Ese día, os nenos poden vir disfrazados, e a proposta desde o colexio é de que o tema dos disfraces sexa de "oficios tétricos".

Por outra banda, desde o equipo de Normalización Lingüística, cagardan as vosas achegas de CONTOS DE MEDO ou CANTIGAS TRADICIONAIS (relacionadas coas actividades de outono - poden ser de outono ou de magosto ou do SAN MARTIÑO...), ou contos inventados. SEría xenial que estiveran acompañados dun debuxo.

Exporémolos na entrada do colexio e logo faremos un libriño con eles que quedará na biblioteca para toda a comunidade educativa.

Tamén sería xenial que, familiares ou veciños de Corcubión, viñeran ao colexio a contarnos contos ou a cantarnos cantigas (en caso de que haxa alguén interesado podedes comunicárnolo a través dos nenos e nenas).

 O horario para a festa de Samaíns para papás e mamás o vindeiro día 30, será entre as 12:55 e as 14:00h. 

Moitas grazas a todos e todas pola colaboración.

Agardámosvos o vindeiro mércores! 

O ALUMNADO DE 4º FACENDO EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS (con corrección de erros)

Os rapaces e rapazas de 4º realizamos un experimento para simular unha erupción volcánica na nosa aula.
Valoramos se decorar ou non a botella por fóra con plastilina, para darlle máis realismo, pero ao final optamos por deixala destapada para ollar que sucedía dentro dela ao mesturar o vinagre co bicarbonato.
As fotos quitounas Ainoha Miranda coa tablet da profe.
Editamos as fotos con Kinemaster, que é unha APP moi sinxela de utilizar.
Na edición participou Ainoha Aroa Miranda, Helio e Araceli, porque comecei a edición para explicar como se utilizaba o programa.

Podedes acceder no seguinte enlace:

 

Os volcáns.

CIENCIAS NATURAIS E SOCIAIS 4º DE PRIMARIA

 

Publícase enlace a contidos de ciencias sociais e naturais para 4º de Educación Primaria. 

 

https://www.symbaloo.com/mix/ccssccnn4%C2%BAprimaria

 

FOLLETO OFICIAL DE INSCRICIÓN NA CLASE EXTRAESCOLAR DE INGLÉS.

Debido a problemas técnicos, non me foi posible publicar antes a folla de inscrición de inglés, nin tampouco enviala polo alumnado. Queda, agora, nos datos adxuntos. Se vos é posible, podedes traela xa cuberta. Se non, teremos exemplares dispoñibles para cubrir. Aos que non poidades vir, enviarásevos polos nenos, e mandádesllo directamente a Henry na seguinte clase. 

Lembrade que as clases de inglés para infantil e primeiro comezan mañá ás 16:00h., e que o mestre estará a partir das 15:30h. no colexio para poder falar con aqueles que necesitedes. 

Desculpade as molestias e recibide un saúdo. 

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS DA ANPA - CEIP PRAIA DE QUENXE

Publícase, a petición da ANPA, convocatoria de eleccións para a xunta directiva, que toca renovar este ano. 

Podedes vela nos datos adxuntos. 

Distribuir contido