Novas

CURSO 22/23

CURSO 2022/2023

O curso 22/23 empezará na data recollida na orde do calendario escolar, o 8 de setembro. Tal como recolle a antedita orde, o comedor escolar funcionará con normalidade desde o primeiro día de colexio. Lembrade que é preciso avisar antes das 09:30h se non se vai facer uso do servizo de comedor.

  • O día 8 de setembro incorporarase todo alumnado de Educación Infantil e Primaria.
  • No caso do novo alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos), en breve a titora porase en contacto coas familias para informar, entre outras cousas, sobre o período de adaptación. 

O horario lectivo será o mesmo de sempre: de 09:15h a 14:15h. 

O transporte escolar funcionará con normalidade no seu horario habitual. O uso da mascarilla será obrigatorio no servizo de transporte.

Ao longo destes días iremos informando de todo o relativo ao funcionamento do colexio durante este novo curso.

Aconséllase instalar a aplicación Abalar Móbil no teléfono o antes posible para poder recibir notificacións e información do centro.

No bloque da esquerda desta páxina CURSO 22/23 poderase ir accedendo a todos os documentos máis relevantes deste curso. No apartado autorizacións pódense descargar varios documentos, entre os que se atopan as autorizacións para recoller o alumnado. Se alguén precisa facer uso das anteditas autorizacións xa o primeiro día pode cubrilas na casa e entregarllas ao profesorado ao chegar ao centro.

 

 

FORMACIÓN FAMILIAS

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

 Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).  (VER TEXTO COMPLETO)

ALUMNADO DESTINATARIO:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 (é dicir, as familias que recibiron o vale por valor de 50 euros para a compra de material escolar)

 

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

Alumnado matriculado en educación especial.

Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.

 

PRAZO: ATA O  26 DE NOVEMBRO DE 2021.

 

ANEXO I: SOLICITUDE.

 

Eleccións ao Consello Escolar 2021

RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS 

    Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria do 2 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación dos nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabética de apelidos: 

1.- DE LA FUENTE REDONDO, VANESSA

 

    Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) correspondería elixir no presente proceso electoral a 3 pais/naisdun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros dous representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018 ou por ser un deles proposto pola ANPA. As votacións no sector pais/nais serán o luns 22 de novembro de 16:10h a 19:00h.

 

    Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de pais/nais para o Consello Escolar do 3 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 16 ao 20 de novembro, ambos días inclusive.

 

    O que se fai público para xeral coñecemento. 

 

 

   Corcubión, 16 de novembro de 2021

 

O/A DIRECTOR/A DO CENTRO E

PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL,

 

  Delfino Domínguez Lestón

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA

De acordo coa RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS, segundo as seguintes normas:

1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. Os outros representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021.

2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día  da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 17 de novembro.

3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio ou descargar AQUÍ. As candidaturas poderán ser presentadas desde o 10 de novembro ata as 14:00 horas do día 18 de novembro.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 21 de novembro, ás 17:40 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

5.- A campaña electoral comprenderá dende o 22 ao 26 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 27 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 28 de novembro, de 16:10 a 18:40 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 16:00 horas.

8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo 2 nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos/as.

10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio  dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

Corcubión, 8 de novembro de 2022

O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL,

Delfino Domínguez Lestón.

  

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2021/2022

Ábrese o prazo para solicitude de transporte escolar de cara ao curso 2021/2022.

Os impresos de solicitude pódense recoller no propio centro ou descargar aquí:

  • LEXÍTIMOS   (usuarios/as que utilizan as paradas de Amarela ou Redonda)
  • EXCEPCIONAIS   (usuarios que utilizan as paradas de Vilar, Quenxe ou Praza de Corcubión)

As solicitudes deberán presentarse na dirección do centro en horario de 9:30h a 13:00h.

Prazo de presentación de solicitudes: 

  • do 22 de xuño ata o 30 de xuño
  • do 1 de setembro ao 10 de setembro

LIBROS DE TEXTO 2021/2022

Achégase a lista de LIBROS DE TEXTO para o curso 2021/2022.

 

Servizo de MADRUGADORES

AXUDAS AOS USUARIOS DE COMEDOR CON MOTIVO DO COVID-19

Con motivo da suspensión de clases presenciais por mor do COVID-19, acábase de publicar unha Orde de axudas directas a usuarios gratuitos e semi-gratuitos do comedor escolar.

Nos documentos adxuntos atoparedes as instrucións resumidas,  a orde que regula estas axudas e a solicitude que hai que cubrir.

As familias que tramiten esta solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia teñen que poñer no buscador da sede o código do procedemento: ED601B

Admisión e matriculación de alumnado en centros públicos en Galicia para o curso 2017-2018

Hoxe, 1 de febreiro, iníciase o procedemento de admisión e matriculación do alumnado  de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2017/2018. (A orde de admisión foi publicada no DOG de 1 de febreiro).

Estas son as instruccións e os prazos para as familias:

 

1. Antes do 20 de febreiro: Reserva de praza. O alumnado de 6º que estea cursando estudios no noso centro e vaia matricularse en secundaria no centro adscrito, o Fernando Blanco, deberá entregar na nosa dirección ou secretaría o documento de reserva de praza antes do 20 de febreiro. Tedes a posibilidade de realizala de tres formas distintas:

    1.1.  Podedes solicitalo na conserxería do colexio, haberá impresos á vosa disposición. 

    1.2.  Podedes cubrir e imprimir o modelo no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/3anexos_formateados_ed550a_g.pdf

    1.3.  Como novidade, podedes cubrir a vosa reserva de admisión na seguinte aplicación: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

(*O alumnado que non vaia realizar a matrícula no Fernando Blanco deberá realizar a solicitude de praza no centro ao que decida optar. O prazo para esta solicitude será desde o 1 ata o 20 de marzo.)

2.  Do 1 ao 20 de marzo abrirá o prazo de solicitude de admisión de matrícula para o alumnado de Educación Infantil e Primaria. Para entón publicaremos máis novas ao respecto. 

Se tedes dúbidas, estamos á vosa disposición no centro en horario de secretaría ou de dirección, tanto en atención telefónica como presencial. 

 

 

 

Distribuir contido