Taboleiro

XUNTAS DE AVALIACIÓN

00/00/
Array

XUNTAS DE AVALIACIÓN

Entre os días 13 e 14 de decembro levaranse a cabo as xntas de avaliación para o alumnado de primaria. 

PAPA NOEL NO PORTOFARO

00/00/
Array

 

 

PAPÁ NOEL NO PORTOFARO

 

Neste día ás 11.00h, recibimos a visita do PAPÁ NOEL. Con moita ilusión, emoción e poida que algúns choros por ser a nosa primeira vez , os alumnos de infantil esperamos causarlle ao papá Noel unha moi boa impresión.

 

"SALTIMBANQUIS" polo teatro do Morcego

00/00/
Array

                           "SALTIMBANQUIS"

Familia de saltimbanquis de Picaso

Estes días nenos e nenas de primeiro e segundo van ao teatro Rosalia para disfrutar con "SALTIMBANQUIS" un espectáculo musical especialmente adicado aos cativos desta idade, baseado nun conto dos Irmáns Grimm. A obra ten como protagonista un burro que, canso dá explotación e do trato do seu patrón, decide abandoar a granxa e buscar novas e mellores condicións de vida.Esperamos pasalo moi ben coa música e representación do teatro do Morcego. 

"ALMORZOS SAUDABLES"

00/00/
Array

                                           Programa "ALMORZOS SAUDABLES"

 

Dende o 29 de novembro ao 2 de decembro desenrolarose no colexio entre o alumnado de primaria, o programa "Almorzos Saudables" en colaboración ca Concellería de Asuntos sociais, Sanidade do Concello de Cambre. Dito programa consistirá en que os menores degusten un modelo de almorzo saudable, contando durante esta degustación cunha nutricionista, que de xeito dinámico e participativo, explicará os beneficios dunha alimentación sana.

O luns,29 de novembro faranno os alumnos/as de primeiro e segundo A. O martes, 30 de novembro os alumnos/as de segundo B e terceiros. O día 1 de decembro, cuartos e quinto A, e o 2 de decembro quinto B e sextos. ¡Bo proveito a todos e todas!

 

 

CARA AO CAMPO DAS ESTRELAS

00/00/
Array

CARA AO CAMPO DAS ESTRELAS

Hoxe os alumnos do 2º ciclo asistirán á representación teatral " Cara ao campo das estrelas", unha montaxe de SARABELA TEATRO, na cal a través dun xogo de luces espectacular, un son non menos impresionante e  uns persoaxes  super divertidos contarannos algunhas das claves que derón orixe ao CAMIÑO DE SANTIAGO.

A actividade ven proposta dentro do programa "O FILLO DO TRONO" cuxo obxectivo é dar a coñecer entre alumons/as a ruta xacobea, os motivos que levan a tantas persoas a camiñar quilómetros e quilómetros ata chegar a Compostela, ou os diferentes medios nos que se pode levar a cabo a peregrinación. Esperamos pasalo moi ben e que poidanos aprender algo máis do  CAMIÑO DE SANTIAGO

O Magosto

00/00/
Array

O venres día 12 o colexio celebrará o tradicional Magosto co típico asado de castañas, concursos de doces e colares. Esperemos que o tempo acompañe.

SAMAIN SAMAIN SAMAIN

00/00/
Array

                

SAMAIN no Portofaro
Tempo de tradicións e sobre todo de MEDO… MOITO MEDO!!!
E para ter medo....moito medo, na escola propoñemos  facer un concurso de relatos de medo  en colaboración coas familias e unha terrorífica exposición de personaxes galegos de medo: cabazas, esqueletes,meigas, trasnos, basilisco
 e máis e moitos máis
SE VOS ATREVEDES, NON DEIXEDES DE VISITALA

 

O Castro de Elviña

00/00/
Array

Os alumnos/as de quinto van hoxe a coñecer O CASTRO DE ELVIÑA,

 O Castro de Elviña é un poboado fortificado característico da cultura castrexa . Está situado na parroquia de San Vicente de Elviña, nunha pequena elevación coñecida como o monte dá Zapateira que domina as terras dos vales de Elviña e Mesoiro. O castro chegou a ter arredor de 2.000 habitante ala polo ano  50 d C. No ano 1962 foi declarado Monumento Histórico Artístico.

Reunión con nais e pais de Infantil 3 anos

00/00/
Array

O vindeiro día 7 de setembro ás 10:00 h celebrarase nas aulas de infantil do colexio a reunión anunciada no momento da matrícula. As profesoras informarán de todo o necesario para o comezo de curso: Entradas e saídas, Plan de adaptación, material..., e aclararán dúbidas e cuestóns que vos poidan interesar.  

REMATE DO CURSO E ENTREGA DE NOTAS

00/00/
Array

  22 DE XUÑO

REMATE DO CURSO E ENTREGA DE NOTAS

SonrienteSonrienteSonrienteSonrienteSonrienteSorprendidoGuiñoSorprendidoBOA SORTE

E pasalo ben nas VACACIÓNS

 

 

Distribuir contido