Portofaro cumpre anos

28/01/2015 19:24
Atlantic/Bermuda

Mañá xoves día 29 cúmprense 25 anos da inauguración deste o noso centro hoxe chamado CEIP Portofaro e que daquela formou parte do Colexio do Temple  e posteriormente Graxal como segundo edificio aínda que en realidade s econvertiu no primeiro pois nel quedou a dirección, expedientes, etc.

Celebrarémolo a petición dos máis pequeniños como se merece: Unha tarta de aniversario e unha trilingue interpretación do "Cumpleaños feliz" 

"Parabéns Portofaro"

Este sinxelo acto, no día que conmemora a inauguración non quita que máis adiante, cando o tempo mellore, fagamos algunha outra sorpresa que active a nostalxia de exprofes e exalumnos