Obradoiro de decoración dunha árbore de Nadal

12/12/2013 19:00
Etc/GMT+1

O  día 12 de decembro grazas ao  amable ofrecemento e xestións do pai dun alumno de 1º , varios membros do persoal da tenda de bricolaxe AKí levaron a cabo cos nenos e nenas de 5 anos e de NEAE un Obradoiro singular e práctico

Consistía en dar unhas nocións sinxelas e prácticas para a montaxe dunha árbore de nadal e a súa decoración de xeito artesán, barato e creativo

Como podedes ver na vídeomontaxe que vén a continuación, nenos e nenas (e tamén maiores) pasaron un tempo moi divertido, aprendendo unha morea de cousas que nuns poucos días poderán poñer en práctica na casa. A primeira e principal que hai moitos xeitos de estar entretido.