Videoconferencia - O cerebro -

00/00/
Array

Os alumnos de 5º tiveron ocasión de participar nunha videoconferencia  a cargo de José María Criado, profesor titular de Fisioloxia da universidade de Salamanca e coordinador de varios postgrados na universidade de A Coruña.

Nela faloulles do cerebro, resaltou a complexidade deste, a importancia das conexións que se establecen entre as neuronas, e de que tódalas actividades que realizamos nas clases serven para desenvolver o noso cerebro.

Na mesma sesión puideron facerlle algunhas dúbidas e  poderán seguir facéndoo no foro de debate.

Unha vez máis utilizamos as TIC  como medio para a aprendizaxe.

Esta actividade, é a segunda videoconferencia concedida  a Vaidelibros pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca,  mecenas no mundo das bibliotecas e das TIC.