Seguimos campo a través

00/00/
Array

O sábado día 24 de Xaneiro, nos terreos de Acea da Má(antiga Universidade Laboral), celebrouse a segunda fase (fase zonal) do Campionato escolar de Campo a través. Da nosa escola, estaban clasificados 10 participantes, dos que se presentaron catro. Dúas para participar na carreira de Alevín Femenino e outros dous para  correr Alevín Masculino.

 

En Alevín Femenino participaron Lía Lois Sandá e Lidia
Nuñel Varela
, as dúas de 6º B que tiveron que percorrer 800 metros. En Alevín Masculino, participaron Javier Uzal García de 6ºC e Gonzalo García Maceiras de 6º Aquenes tiveron que correr 1300 metros.
Os catro conseguiron moi boas clasificacións, xa que Lía entrou de oitava na meta e Lidia de novena. Javier entrou de terceiro e Gonzalo de sexto, polo que os dous participantes masculinos se clasificaron para a fase seguinte de Campo a través, que é a fase provincial.
!Noraboa a tódolos participantes!