vaidelibros

 librinda_pequenaVAIDELIBROS mero2

Benvidas e benvidos á páxina da Biblioteca do Ceip Portofaro.

Esta biblioteca está de estrea. Case ó mesmo tempo que a nova web estreamos nome e tamén mascotas. Ambolosdous son resultado do certame feito entre os alumnos do centro e que  dou como resultado o que estades a ver

Vaidelibros é o noso nome e foi idea de: Javier Uzal de 5º C

A bolboreta chámase Librinda e é o resultado da unión dos nomes propostos por Lucía Canabal de 2º A e Damián Rojo de 6º A

O peixe é Mero. El e Librinda son as nosas mascotas. Están sempre buscando novos contos para contarlles ós nenos. Pronto vos contaremos a súa historia. 

O prometido é débeda. Neste enlace tedes algunhas das historias ideadas por nenas e nenos do colexio ante a pregunta de cal era a orixe das nosas mascotas e como chegaran ata Portofaro.

ÚLTIMA HORA: 

¡Vaidelibros está de noraboa! Despois de ter elaborado un proxecto para acollernos á convocatoria de Proxectos de mellora de bibliotecas escolares, o pasado luns día 8 publícase no DOG a aprobación definitiva dos proxectos concedidos entre os cales figura o CEIP Portofaro.

Esta concesión conleva que poderemos contar cun presuposto extra para mellorar a nosa biblioteca tanto na adquisición de fondos como en equipamento e mobiliario.