Campo a través

00/00/
Array

O pasado venres, día 28 de Novembro, participamos na primeira fase do Campeonato Escolar de Campo a Través. Como nos derradeiros anos, celebrouse nos arredores do IES "David Buján" de Sigrás no Concello de Cambre.

Competiron  52 nenos e nenas do Colexio, nas categorías de Alevín Femenino e Masculino. A competición desenvolveuse cos xa clásicos aduvíos de vento, auga e frío, pero iso non foi problema para que as clasificacións fosen moi boas, xa que gañamos en ambas categorías. En Alevín Femenino chegou primeira Lía Lois Sandá de 6º B e en Alevín Masculino Javier Uzal García de 6º C. Ademáis houbo máis premios, xa que Lidia Nuñel Varela ( 6ºB) chegou de terceira, Carmen Omil Nogales (6ºC) de quinta e Eva Rosal Rodríguez (6ºC) de sétima. Estas clasificacións supoñen, que ademáis das clasificadas individualmente, se clasificou un equipo enteiro de seis nenas para a seguinte fase de Campo a Través.

En Alevín Masculino, Gonzalo García Maceiras (6ºA) quedou de quinto e Álvaro Naveira López (6ºA) entrou en sexto lugar.

 

 

participantes 1ª fase 2008

 

Fai clic na foto dos participantes ou vai á galería para ver máis fotos   

Noraboa a tódolos participantes.