O Gato Paco

00/00/
Array

No mes de novembro un novo personaxe pasa a formar parte dos amigos de Vaidelibros. É o gato Paco un gatiño pequeno e agarimoso que nos dirixe nas nosas procuras de libros pola nosa biblioteca e por outras.

O gato Paco

Paco ten no seu nome as iniciais de Público Acceso Catálogo Online así que a súa misión é a de levarnos ata o lugar axeitado para buscar libros na rede de bibliotecas de Galicia e por suposto na nosa. (http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/)

Cando facemos clic sobre el, lévanos a unha páxina na que podemos seleccionar un montón de bibliotecas de Galicia e entrar nelas para saber se teñen un determinado libro.

Nesta páxina web podemos buscar se na biblioteca hai un libro poñendo o título completo ou unha parte del. Tamén podemos mirar todos os libros que temos dun determinado autor e mesmo os que hai que traten dun tema que nos apeteza.

Por todo iso Paco é o noso amigo