Recreando arte en Portofaro

Ola familias!. Aquí vos deixamos outra idea de entretemento educativa e creativa que pensamos lles pode gustar aos nenos e nenas (e se cadra tamén a maiores).  Invitámosvos a que, se queredes, participedes con nós nesta actividade sen prazo, nin límite de tempo. Consiste básicamente en recrear unha obra de arte pictórica, escultórica, fotográfica... cos medios e recursos que teñamos a man. Como vedes na nosa, participan maiores, nenos e nenas, mascotas , o que se queira. Unha vez recreada , sacades a foto e a colocades nun documento novo xunto á orixinal e volvedes a gardar para mandala como unha soa foto que teredes que enviarnos a museoarte@ceipportofaro.com. A medida que vaian chegando as iremos colocando, co voso permiso, nun espazo público para que se poida ver como vai quedando. Esperamos que vos guste a idea
e que , quen lle apeteza participe coa súa "recreación de arte en Portofaro"

Recreando arte en Portofaro

Outro acceso a Recreando arte en Portofaro

Hecho con Padlet