Carreira campo a través fase comarcal Circuito dos menhires

25/01/2017 18:39
Atlantic/Bermuda

O pasado sábado día 20 os equipos benxamíns, alevín e infantil feminino e masculino de Portofaro participaron na fase comarcal do campionato de campo a través. Un día frío, pero espléndido e un marco incomparable (coa torre de Hércules e o mar ao fondo), xa presaxiaban algo bó. E así foi. A pesares de descoñecer o circuito e de competir con clubes de atletismo importantes e con moita rodaxe: Marineda, Riazor, Sada, os e as atletas de Portofaro tiveron unha actuación destacadísima acadando varias clasificacións individuais e por equipos para a vindeira fase así como un lote de medallas e trofeos por equipos. Noraboa a todos eles e aos seus profesores. Velaquí unhas breves mostras do acontecido. Máis información no blogue de Educación Física :Correteando