Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

EDUCACIÓN ARTÍSTICA "ESCULTURA"

O alumnado de 1º xa está a piques de rematar o último proxecto da asignatura de Educación Artística. Traballaron a Pintura, o debuxo e agora rematamos coa escultura.Aquí tedes un adianto...

 

VISITA DE INFANTIL A PRIMARIA

ONTE CO PROGRAMA DE TRANSICIÓN , O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 5 ANOS DO NOSO CENTRO, XUNTO COS FUTUROS COMPAÑEIROS DE FIGUEIRÓ, VISITARON O CENTRO, AS DIFERENTES AULAS E A DE PRIMEIRO.

O ALUMNADO DE PRIMEIRO ORGANIZAROU UNHA PRESENTACIÓN, UNHA VISITA POLAS INSTALACIÓNS E UNHAS ACTIVIDADES CONXUNTAS: COMO UNHA MERENDA E UNHA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA CAZANDO POKEMONS.

FOI MARABILLOSO! GRAZAS A TODXS.

IV CONGRESO EDUCODS 2030

Este ano vamos a participar no IV Congreso EducODS 2030. O obxectivo deste congreso é fomentar o papel activo do alumnado ante os desagíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual. Porque xuntos queremos concienciar e crear unha comunidade comprometida.

 

 Aquí tedes a presentación dos vídeos participantes:  

LETRAS GALEGAS 2024

 
Este ano as Letras Galegas adicáronse á poetisa, violinista e profesora Luísa Villalta. Aquí tedes o traballo de investigación que fixo todo o alumnado do cole sobre esta autora. As pesquisas resumíronse nuns carteis que repartimos polos diferentes establecementos de Goian. Ademais todos os grupos contáronlle ao resto de compañeiros e compañeiras os seus traballos coas distintas facetas da autora homenaxeada.
Gozade das súas pesquisas e da reportaxe fotográfica da pegada de carteis.
O noso desexo é que A NOSA LINGUA goce de MIL PRIMAVERAS MÁIS!!!!!!
  
 
 

Nos arquivos adxuntos atoparedes os videos das exposicións dos diferentes cursos.

BECAS E AXUDAS para o alumnado NEAE, curso 2024-2025

Dende o pasado 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024, está aberto o prazo para solicitar as becas para o alumnado con Necesidade específica de apoio educaivo (NEAE). Se vas a solicitar dita Beca avisar a Alba (orientadora) antes do 21/6/2024.

A solicitude farase de modo telemático nesta ligazón

Tendes toda a información no portal de becas de educación

Que documentación traer:

- Solicitude

- Informe Gabinete

- Fotocopia de certificado de discapacidade igual ou superior ao 25 % (se ten) ou informes médicos.

- Fotocopia DNIs de todos os membros da unidade familiar

- Fotocopia da conta corrente na que conste como titular ou cotitular o neno ou nena solicitante.

É moi importante asegurarse de que consten as firmas requeridas:

- Na FOLLA 1 para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a facilitar os datos económicos ás administracións educativas.

- no apartado A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES por parte do pai/nai/titor, e no seu caso, o resto de membros maiores de idade da unidade familiar (TODOS TEÑEN QUE ASINAR).

Que axudas se convocan:

A) Axudas directas para os alumnos, incluindo ao alumnado TDAH (Trastorno por déficil  de atención e hiperactividade), derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conducta ou trastornos graves de comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

B) Alumnado con Trastorno de espectro autista (TEA)

C) Discapacidade ou trastornos graves de conducta ou trastornos graves e comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais para familias numerosas.

D) Alumnado con Altas capacidades

Informática

Os alumnxs de 1º querían escoitar música mentres traballaban , pois dito e feito.

CREANDO MODA

No primeiro Ciclo fixeron os seus deseños dentro do Proxecto Competencial, aquí tedes unha mostra. Menudos Artistas.

COÑECER O BARRIO

Os alumnos de 1º aproveitando o tema " O noso Barrio", saímos a coñecer o noso. Visitaron supermercados, Farmacia, o mercado, panadaría etc. E para rematar unha visitiña ao parque.

COSER E CANTAR

O pasado Xoves, dentro do programa Lectura e Familias no que participa o cole, reunímonos cunha actividade moi especial. Noca e Concha, dúas costureiras goianesas, contáronnos como chegaron á costura, Lemos añaquiños de "Diario de una bordadora" de Srta Lylo, falamos, cosemos e gozamos dunha tarde marabillosa na Biblio do cole.

AS PLANTAS

 
Dentro das actividades Interniveis que estamos realizando, ésta vez entre 1º e 5º, esperamos vos agrade. 
 
 
 
Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.
by Dr. Radut