Skip to Content

Complementarias

Merendando libros

Con motivo da celebración do día do libro, durante os recreos desta semana a biblioteca múdase ao patio.

Deste xeito todos os que queiran amenizar o tempo de recreo coa lectura dalgúns contos escollidos na biblioteca e repartidos en varios caixóns polo patio, poderán facelo.

E por suposto temos que agradecerlle a súa labor aos encargados da biblioteca, pois foron eles os que axudaron a montar esta biblioteca móbil.

Photocall de Nadal

Queres poñerte na pel dun Rei Mago?

Un grupiño de nenas de 5º e 6º de primaria estiveron axudando as pasadas semanas a colorear o panel dos Reis Magos que temos na entrada do cole.

A verdade é que quedou xenial e temos que agradecerlle a estas nenas que empregaran o tempo do seu recreo de forma voluntaria nesta tarefa.

LEMBRANZAS

Parte da historia do noso colexio!

Distribuir contido


by Dr. Radut