Skip to Content

Complementarias

Agasallo inicio de curso

Menudo comezo de curso, xa temos a primeira sorpresa!

Ledicia Costas e Magín Blanco agasalláronnos co libro "A señorita Bubble" xusto o mesmo día da súa presentación oficial na libraría Cartabón de Vigo.

A partires do luns xa o teremos na biblioteca do cole, ainda que o servizo de préstamo non comezará a funcionar ata outubro.

Agasallo inicio de curso

COMEZAMOS O CURSO!

COMEZAMOS O CURSO CANTANDO!

Xa levamos uns días no cole e como sabedes, estamos entrando ao ritmo da canción "Marcho que teño que marchar" de Magín Blanco.

Da gusto comezar as mañás así de animados!

Deixámovola aquí para que poidades escoitala enteira.

Bo comezo de curso para todos e todas!

 

Ledicia Costas deséxanos feliz verán!

O pasado 5 de xullo, durante a Feira do Libro, a familia de Marina (4°E.P.) e Julia (4 anos) estiveron con Ledicia Costas para que lle adicase os seus libros a Marina.

Aproveitando esta situación, pedíronlle que nos mandara un saúdo e aquí o temos, cun ffantástico consello paara o verán: ler todo o que poidamos!

Moitas grazas a esta familia e a Ledicia Costas Sorriso

Celebración día do libro

Hoxe celebramos o día do libro (pois o luns coa actividade de reciclxa era imposible) e resultou todo un éxito.

A primeira hora da mañán un grupo de 4º de primaria sorprendeunos cunha mensaxe pola megafonía (podedes escoitalo na radio do cole), no que nos invitaban a empregar a imaxinación para debuxar o que nos suxería un poema de Gloria Fuertes.

Máis tarde, despois do recreo, quedamos no patio para escoitar diferentes contos que prepararon os nosos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de primaria.

Celebración día do libro

Dinoseto axúdanos a reciclar

Hoxe tivemos ae special visita de Dinoseto. Si, si, o mesmo que temos na porta do Sol.

Hoxe o noso amigo viu ao cole a facer unha xornada sobre a reciclaxe. Con el descubrimos a importancia de reciclar, como hai que facerlo e por suposto, aprendimos o seu rap da reciclaxe.

Pasámolo en grande con el e por último deunos un pequeno agasallo de recordo.

A partir de agora, tod@s a reciclar!

Distribuir contido


by Dr. Radut