Estimadas familias. Informamos que se convocaron as axudas da Consellería de Educación para acceder ao fondo solidario, adquirir as axudas para libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso 2020-2021.
O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 20 de maio e remata o 19 de xuño (este incluído) de 2020. O impreso da solicitude (anexo I e II) está disponible na secretaría do centro xunto coa información sobre os requisitos para acceder a ditas axudas. Tamén toda a información da convocatoria está dispoñible na aplicación informática Fondolibros (
https://www.edu.xunta.es/fondolibros).
DATAS DE PUBLICACIÓN:
Datas de publicación de listaxes de beneficiarios das axudas de libros de texto,
material escolar e datas de entrega de vales para o vindeiro curso (2020/2021):
·
PUBLICACIÓN PROVISIONAL DE LISTAXES DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DAS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR, LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO: 30 de xuño.
·
PERIODO DE RECLAMACIÓNS: Do 1 ao 2 de xullo (ambos inclusive) de 10:00h a 13:00h.
·
PUBLICACIÓN DEFINITIVA DE LISTAXES DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DAS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR, LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO: 3 de xullo.
·
ENTREGA DE VALES DE LIBROS DE TEXTO: Do 1 ao 4 de setembro de 10:00h a 13:00h.
·
ENTREGA DE VALES DE MATERIAL ESCOLAR: Do 1 ao 4 de setembro de 10:00h a 13:00h.
·
ENTREGA DE LIBROS DE FONDO SOLIDARIO: O inicio do curso.