Skip to Content

Comedor

A avoa de Luca no comedor

O pasado mércores 13 de marzo a avoa de Luca viu ao cole a xantar cos nenos e nenas do comedor.

A Paz tamén está no comedor

No comedor tamén quixeron sumarse á celebración do día da Paz cunha pequena representación na que botaron a navegar uns barquiños feitos por eles con palabras relacionadas coa paz e o seu desexo de que non haxa máis inxustizas nin guerras no mundo.

Que bonito xesto!

A mellor sopa do mundo

No comedor gañamos o concurso de Nadal organizado por FOANPAS no que tiñamos que elaborar unha riquísima sopa cos valores que queremos ver ao noso arredor!! Risa

O venres viñeron a entregarnos o premio (moitos xogos novos para entreternos despois de comer) e estabamos todos moi orgullosos da nosa sopa máxica.

Xa sabedes, con un pouco de empatía, unha pizca de confianza e un par de sorisos temos a mellor sopa do mundo.

Clicade aquí para acceder á galería de imaxes.

Correndo pola diabetes

Onte, coincindo co día mundial da diabetes, as profes de comedor organizaron unha carreira no patio. Xa sabedes que a nosa alimentación pode influir na futura aparición desta enfermidade, polo que debemos coidar o que comemos.

Mirade que ben o pasamos!

Samaín no comedor

O pasado 31 de outubro, día de Samaín, os nenos e nenas do comedor non podían ter un xantar normal.

Cal foi a súa sorpresa? Pois que tiveron que comer a escuras, coa única luz das cabazas e veliñas que tiñan acendidas. Ainda que polas súas caras todos estaban encantados e ningún arrepiado. Sorprendido

Distribuir contido


by Dr. Radut