Skip to Content

Complementarias

Celebrando o día das Letras Galegas

Hoxe celebramos no cole o Día das Letras Galegas, por este motivo saímos ao patio antes do recreo para cantar entre todos o himno galego. Despois do recreo desfrutamos coa actuación do grupo de títeres "Tanxarina" que captaron a atención de todo o alumnado dende o primeiro momento, facendo partipar tanto aos máis cativos coma aos maiores.

Como vedes foi un día moi entretido! Sorriso

Se queredes acceder á galería de imaxes podedes clicar nesta foto:

Teatro Aladino e a lámpada marabillosa

Onte fumos todos xuntos a ver a obra de teatro "Aladino e a lámpada marabillosa" á Sala Ártika en Bouzas. Gustounos moito a representación e aquí temos algunhas fotos dos intres previos á obra.

Había unha especie de néboa no ambiente que creou moita expectación ata que comezou a obra, xa non sabíamos se a obra era de medo ou a que nos dixeran os profes! Sorprendido

Podedes clicar na foto para acceder á pequena galería de imaxes:

Día do ADN

Onte foi o día do ADN, por ese motivo a alumnado de 5º e 6º realizou a actividade "El ADN: Intrucciones para el juego de la vida" en colaboración coa Universidade de Vigo.

Da man de: Manuel Meigas, Paloma Morán, Diana Valverde, Antonio Carvajal e a nosa profe Silvina Domínguez descubrimos un pouquiño máis este mundo tan complexo de forma lúdica.

Podedes clicar na imaxe para ver algunhas das cousiñas que fixemos:

Día do libro

Onte celebramos no cole o día do libro cunha sesión de contacontos no patio a cargo dos nosos compañeiros de 6º de primaria, ademáis da actividade de "Bibliopatio" na que durante toda a semana poñemos á disposición do alumnado contos para leer no recreo.

Clicade aquí para ver o ben que o pasamos escoitando contos ao solciño.

Ademais o alumnado de infantil realizou unha versión da obra "20.000 leguas de viaxe baixo o mar" para celebrar este día:

Visita de Ledicias Costas

O mércores viu ao cole Ledicia Costas para falar dos seus libros "Escarlatina, a cociñeira defunta" e "A señorita Bubble".

Adicounos os nosos exemplares e pasamos un moi bo rato con ela.

Grazas por vir, Ledicia!

Clicade na foto para acceder á galería de imaxes:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut