Skip to Content

Complementarias

Os recreos máis divertidos!

Dende hai unhas semanas, e con motivo do entroido, temos no cole un montón de disfraces para o patio que sacamos durante o tempo de recreo.

Están a dar moito xogo! Mirade que ben o pasamos!

(Clicade na foto para acceder á galería de imaxes)

Disfrutando do noso patio

Como sabedes, este ano temos un novo propósito no cole: disfrutar do recreo ao 200%, e para iso precisamos coidar o patio e mantelo limpo.

Contamos coas "patrullas verdes" que se encargan de recoller os papeis e restos da merenda que os nosos compañeiros deixan esquecidos no patio (botellas, roupa, tuppers...) e pouco a pouco tomamos conciencia da importancia de manter os espazos limpos.

Pero un patio limpo non xenera de por si satisfacción, polo que tamén temos novos xogos para minimizar as disputas e pelexas do patio. Deste xeito mentres estamos xogando estamos creando vínculos de unión cos nosos compañeiros, respectamos as quendas de xogo... e retomamos xogos tradicionais como a corda ou a goma.

Que patio tan magnífico temos!

Axudádenos a mantelo así Sorriso

Clicade na foto para acceder á galería de imaxes.

Magosto e Samaín

O pasado 31 de outubro celebramos no cole o Samaín xunto co magosto.

Antes do recreo comemos as castañas asadas e despois do mesmo, preparámonos para a xornada de xogos populares que estiveron maxistralmente dirixidos polos nosos compañeiros de 6º de primaria.

Clicando foto do final podedes acceder ao álbum de fotos e ver o ben que o pasamos xogando á Mariola, á rá, a lanzar chapas, á goma, á corda, encestar botón… Ademáis tivemos a gran sorte de que non fixo nin frío nin calor, estaba o ceo despexadiño e nada estropeou a nosa diversión.

Clica na imaxe para ver o resto de fotos.

Coida dos bosques

Como sabedes hai unhas semanas sufrimos unha serie de incendios que afectaron aos montes, casas e campos de Galicia. No cole tamén se viron afectadas algunhas familias e dende aquí non podíamos quedar calados, por eso aquí tedes a nosa resposta: Non prendas lume! Coida dos bosques!

Temos que agradecer a enorme colaboración da familia de Izan e Leire Rodríguez de 3 e 5 anos respectivamente: o seu avó viu a gravarnos, a nai axudounos na organización e a tía, Mariana Pérez, foi a cantante que nos cedeu de forma altruista unha das súas cancións para que puideramos facer a letra entre o alumnado do cole; tamén viu ao cole a gravar as voces dos nenos e nenas que cantan o estribillo da canción e axudounos na gravación do vídeo; ademáis de poñer a súa propia voz na canción.

Se queredes coñecer outras cancións desta artísta, podedes vela clicando aquí: Mariana Pérez.

 COIDA DOS BOSQUES. CEIP Otero Pedrayo e Mariana Pérez

Obradoiro "Dalle valor ao peixe" de 5º de primaria

O pasado venres 20 de outubros, o grupo de 5º de primaria fixo a primeira saída escolar do curso coa visita ao mercado do Progreso.

Alí realizaron o obradoiro "Dalle valor ao peixe".

En primeiro lugar no supermercado Familia e da man de Graciela, unha bióloga experta no tema, falamos dos valores do peixe, a calidade, etiquetaxe...

De seguido e coa información que xa tiñamos, fixemos unha receita riquísima coa axuda do chef Pepe Solla: "fingers de peixe" con duas salsas para mollar. Todo un manxar. Estaba tan boa que os máis larpeiros repetiron varias veces, e (ainda que non o creades) aqueles aos que non lles gusta o peixe tamén quedaron encantados.

Marcharon todos desexando poñer en práctica a receita aprendida. Xa vola ensinaron na casa? Estaba de rechupete!

Clicando aquí podedes acceder ao Album con todas as fotos da actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut