Skip to Content

Complementarias

Visita ao concello

Onte 1º, 2º e 4º foron ao concello á presentación por parte do alcalde e a autora do libro "Jules Verne e o pesadelo de Xulia", no que se relata unha versión do capítulo da obra "20.000 leguas de viaxe submarina" que transcorre en Vigo.

Aproveitamos a ocasión para visitar o pleno do concello e a sala de control de tráfico.

Clicade aquí para acceder á galería de imaxes da sesión.

 

Aproveitamos para adxuntar a noticia na que sae a nosa foto nesta ligazón do Atlántico Diario.

Día Internacional do Cancro Infantil

O pasado 15 de febreiro foi o Día Internacional do Cancro Infantil.

Ese día, en colaboración coa asociación Bicos de Papel, tiñamos pensado facer un lazo dourado no patio para amosar o noso apoio aos nenos e nenas que padecen esta enfermidade pero o tempo non o permitiu, polo que soamente limos o manifiesto que tedes na radio do cole.

Por sorte, onte fixo bo tempo e puidemos facer o lazo. Aquí tedes o resultado, para o que contamos coa axuda da familia de Leire e Izan (de 5 e 3 anos respectivamente) que viñeron a facernos a foto.

Moitas grazas a todos os que participastes nesta bonita iniciativa!

20.000 leguas de viaxe baixo o mar

Deixámosvos aquí unha ligazón a unha noticia do Faro de Vigo no que se fala de Verne, o Nautilus, a ponte de Rande... En definitiva que está directamente relacionada co proxecto que estamos a tratar este ano no cole.

Ademais tedes un video das profundidades da nosa ría, no que poderemos observar, entre outros, varios polvos desprazándose polo noso fondo mariño.

20.000 leguas de entroido no cole

Xa temos aquí as fotos do desfile de entroido que fixemos o pasado venres.

Despois de toda a semana atentos ao tempo, tivemos a sorte de ter un ratiño de sol para lucir os nosos traxes como merecían; e a pesar do pequeno problema que tivemos coa megafonía, pasámolo en grande!

Moitas grazas a todos por vir!

Clicade na foto para acceder á galería de imaxes:

O MECO MANDA!

A vindeira semana será a semana de entroido, por este motivo, dende hoxe o Capitán Nemo que é o noso Meco, vai a mandar unha orde cada día que deberemos realizar para o día seguinte.

O luns teremos que traer algún peiteado especial pois a norma que deu hoxe foi "se no mar queres presumir, un peiteado tes que lucir".

O martes teremos que traer as uñas pintadas pois... "se no mar queres brillar, as uñas tes que pintar"

O mércores teremos que ir en pixama ao cole pois... "Se no mar non te queres arrefriar, un pixama tes que levar"

O xoves na última orde do Meco temos que ir moi cargados... "Se no mar queres descansar, coxín, peluxe e manta tes que levar"

Distribuir contido


by Dr. Radut