Skip to Content

Complementarias

Visita ao Concello

Hai duas semanas, o alumnado de 5º e 6º foi de visita ao Concello.

Alí percorreron as súas instalacións, estiveron nun pleno moi especial (pois foron eles os participantes), na sala de prensa, charlaron co alcalde...

Foi unha visita moi entretida.

Degustación de outono

Hoxe no cole a ANPA organizou unha degustación con alimentos propios do outono. Había de todo: pasteis con cabaza, noces, castañas, laranxas, kiwi, moitos tipos diferentes de biscoito...

Moitísimas grazas a todas as familias que participaron aportando os seus postres caseiros a esta celebración.

Foi toda unha festa para os nosos sentidos!

 Se clicades na foto podedes acceder á galería de imaxes.

Samaín e magosto

Onte no cole celebramos o magosto, asando castañas no patio e facendo xogos populares por grupos. Ademais, como era o día do Samaín, todos puidemos ir disfrazadas de personaxes terroríficas.

Pasámolo en grande. O único problema foi que na metade dos xogos comezou a chover e tivemos que entrar no cole, polo que temos pouquiñas fotos dos xogos, pero non pasa nada. Gardamos no recordo todas as cousas que fixemos, así que podedes preguntarnos cando queirades. Guiño

Se queredes ver as pouquiñas fotos que temos, podedes clicar nesta ligazón: fotos do Samaín.

Que pasedes uns días monstruosamente divertidos!

Mimu xa está aquí

Onte xa anunciamos pola megafonía do cole, que a partir de agora temos un novo amigo. Chámase Mimu e é unha radio na que podedes introducir suxerencias co nome das cancións que queredes que soen durante as entradas.

As notiñas poden ir acompañadas dunha mensaxe para que lle adiquemos a canción a algún amigo ou amiga, nese caso deberedes asinar a nota para saber de parte de quen vai a mensaxe.

A única condición que pon Mimu para poñer a vosa música é que sexan cancións respetuosas.

E a bailaaaarrr!!

PD: Mirade que bonitiño é Mimu:

 

Festival de fin de curso

Esta mal que o digamos nós, pero... Menudo festival máis molón tivemos onte!

Para todas aquelas familias que non puideran achegarse ao cole a ver o festival, deixámosvos aquí unha lista de reproducción coas actuación do festival por orden de aparición. Dentro do video na parte superior esquerda podedes desplegar un menú para acceder directamente á actuación que queirades ver.

Moitas grazas a todos por vir e por este curso no cole. Vémonos á volta do verán coas pilas ben cargadiñas! Sorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut