Skip to Content

Complementarias

Día da Paz

Hoxe celebramos o día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Xuntámonos no ximnasio para escoitar o conto "Wangari y los árboles de la Paz" que relacionamos co proxecto do cole "Mulleres con pegada" pois conta a historia de Wangari Maathai e o seu papel no movemento Cinturón Verde a través do que un grupo de mulleres con Wangari á cabeza loitaron contra a deforestación en Kenia.

Clicando na seguinte imaxe podedes ver as fotos do acto e o video da canción que cantamos ao rematar o conto entre todo o alumnado.

Ring Ring

Mirade que panxoliña tan bonita preparou o alumnado de 4º e 5º para representarllo ao resto de curso do cole.

O Apalpador

Onte recibimos a visita dos Apalpadores.

Foron percorrendo todas as clases do cole contándonos a súa historia, que agora podedes ver colgada nas paredes da entrada do cole.

Ademais deixaron o seu buzón na entrada do cole para que poidamos escribir a nosa carta e deixarlla alí.

Mirade que ben o pasamos coa súa visita. (Clicade na foto)

As cores de outono

Esta semana o tempo está sendo fantástico e estamos aproveitando para disfrutar da natureza.

Estes días fixemos varias fotos nas que podemos ver que bonito está o arce do cole coas cores do outono, e como non, aproveitamos para xogar con elas.

Mirade que ben o pasamos na entrada ou no recreo xogando coas follas de outono: Galerías de fotos do outono.

Mercado do Progreso

Onte o alumnado de 2º, 3º e 4º foi de visita ao mercado do Progreso onde descubriron a importancia dunha alimentación saudable e, para tomar exemplo, foron ao supermercado e con ingredientes frescos fixeron unha riquísima empanadilla de merluza.

Podedes clicar nesta ligazón para acceder á galería de imaxes.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut