Skip to Content

Ed. infantil

Visita á cidade de Lugo

O alumnado de Educación Infantil viaxou á cidade de Lugo, queres saber que lugares visitaron? Preme na imaxe para descubirlo

Os medios de comunicación

Os nenos e as nenas das aulas de 4 e 5 anos están aprendendo un montón de cousas sobre os medios de comunicación. Para coñecelos un poco mellor uns falaron a través de internet co alumnado do Ceip de Arzúa e outros foron de visita a oficina de correos de Palas para enviar unha cartas.

Preme nas imaxes para saber máis...

       

Cofre segredo

Os nenos e as nenas de Educación Infantil viaxamos nun bus con volante amarelo para chegar ata o cofre segredo que tiña...

...se queres sabelo terás que premer na imaxe

Samaín

Quen dixo medo? Se queres ver o ben co pasamos os nenos e as nenas de Educación Infnatil na festa do Samaín preme na imaxe.

Graciñas a todas as familias que participastes aportando cabazas...un traballo estupendo!!!

Xogo outono

As nenas e os nenos de Educación Infantil estivemos xogando no EDI (Encerado Dixital Interactivo)

Fixémolo moi ben e gustounos tanto que seguiremos traballando para acadar unha mellor habilidade! Deixámosvos unha actividade sobre o outono para que poidades seguir practicando no ordenador das vosas casas. So tedes que premer enriba da imaxe e...a xogar!

PROBAMOS O MEL

Os nenos de Infantil fixeron un proxecto sobre as abellas, no cal, aprenderon onde viven as abellas, as clases de abellas que existen, as propiedades do mel....

Para rematar o proxecto, fixemos unha degustación de productos con mel. Clicade na imaxe para acceder a galería.

A FÁBRICA DE CONTOS "CATAPUM CHIN PUM"

    Hai uns días estiveron cos nenos e nenas de Infantil, A Fábrica de Contos de "Catapum chin pum". Trouxeron no seu saco un montón de contos fantásticos, como Caramuñas, O monstruo de Cores, A cebra Camila,etc. Pasaron un rato moi divertido.

CLICADE NA IMAXE PARA ACCEDER A GALERÍA       

ANIVERSARIOS 2º TRIMESTRE EDUCACIÓN INFANTIL

O venres 18 de marzo, celebramos en  Infantil os cumpreanos dos nen@s que cumpriron anos no 2º trimestre. Se queredes ver que ben o pasamos, premede na imaxe.

MANUALIDADES 6º INFANTIL

Os nenos e nenas de 5 anos fixemos uns frascos decorativos usando o sal, primeiro tinguímolo e despois puxémolo cuidadosamente nun tarro de cristal combinando as cores. Tamén traballamos coa pasta DAS

Queres ver como o fixemos?               

Distribuir contido


by Dr. Radut