Skip to Content

Música

Maio

Volve o maio!

Ecopercusión

Pódese crear música con material de refugallo?

Claro que si! Así o fixemos, alumnado, profesorado e familias nun obradoiro  de ecopercusión... 

Canto ritmo hai neste cole!!!! 

Dende este enlace podedes ver máis fotografías! 

Ópera

O alumnado de 4º traballaron nas clases de música a ópera e fixeron esta breve escena da peza operística Carmen, de Bizet.

Carmen

A música de raíz na escola

 Dende as montañas do Courel, visitáronnos hoxe varios membros da Fundación Legar, co seu espectáculo "A música de raíz na escola" financiado pola Deputación de Lugo.

O alumnado de infantil cantou, bailou, escoitarou e aprendeu que a nosa música ten a súa orixe nos sons da natureza... encantoulles!

 

Panxoliñas

Comezamos o ano cun pouco de música!

As nenas e os nenos do cole cantan panxoliñas para poñerlle ritmo e ledicia a estas datas.

Novo blog da aula de música

Comezamos!

E comezamos o curso do mellor xeito posible...con música!

O pasado venres a Banda de Música de Antas de Ulla sorprendeunos cun íncrible concerto. Graciñas!

E por suposto, o noso maior aplauso para a nosa profe Susana, que nos fai entusiasmar coa música!

 

A cor da música

Que pasa cando xuntamos nunha aula nenas e nenos de 3 anos e de 1º de primaria,  cun anaco de papel inmenso, pinturas, un clarinete e unha profe con gafas para tocar ben?
Pois que algo máxico acontece...a música comeza a ter cor, mirade, mirade!

Que ningúen...

O Mannequin Challenge chegou a Palas da man do alumnado de 3º e 4º de primaria. Fixérono, na sesión de música, para mostrarnos unha mensaxe moi clara no Día Contra a Violencia de Xénero: que ninguén che faga chorar, que ningúen corte as túas ás ao voar...

Distribuir contido


by Dr. Radut