Skip to Content

6º Curso

Graduación 6º educación primaria

O alumnado de 6º tivo hoxe a súa despedida desta etapa!

Nervios, ilusión, bágoas, ledicia, sorpresas e... moitos recordos do seu paso polo cole.

Vaivos ir moi ben, confiamos en vós!

Premede aquí para ver máis imaxes.

 

 

 

 

Saída Madrid

Queredes ver que ben o pasaron os nenos e as nenas de 6º por Madrid?

Premede aquí!!

Segovia

Os máis maiores do cole están camiño a Madrid, fixeron a súa primeira parada en Segovia. Agárdanlles catro días fantásticos!!

Cata de queixo

Grazas a ANPA, o alumnado de 6º de educación primaria saboreou unha rica cata de queixo Arzúa-Ulloa.

 

Cea entroido

Introdución á robótica

Ao longo do curso 2022-2023, na materia de libre configuración de 6º de educación primaria, traballaremos a introdución á robótica.

O primeiro paso é que o noso alumnado monte os robots mBot.

A partir de aquí, coñeceremos o seu funcionamento e introducirémonos na linguaxe de programación realizando prácticas como: medir a temperatura da auga, facer un semáforo para o ruído...

Podes ver máis imaxes dende aquí.

 

Graduación 6º educación primaria

Canta emoción o día que toca despedir ao alumnado de 6º de primaria.

Desexámosvos toda a sorte do mundo nesta nova etapa.

Sabedes que no cole fica un anaquiño de cada un de vós!

Dende aquí podedes acceder a máis imaxes da graduación.

 

Partido

Partido profes-alumnado de 6º

Gañaron 6-5 os profes, pero o mellor de todo foi a deportividade e o bo rato compartido!

 

Charlas

Primeira das sesións para o alumnado de 6 impartidas por Alba do CIM. Seguimos traballando pola igualdade.

Contos Samaín

 Gústanvos as historias de medo? 

Neste Samaín, as nenas e os nenos de sexto de primaria deixanvos uns contiños para que pasedes un rato terrorificamente divertido!

Distribuir contido


by Dr. Radut