Skip to Content

1º Curso

Visita Concello

As nenas e os nenos de 1º visitaron o Concello onde decidiron, nun pleno, ir ao parque de Jim Sports. Remataron cunha visita ao cuartel da Garda Civil.

Paseo por Palas

O alumnado de 1° saiu hoxe por Palas de Rei. Mercaron no super, conversaron con moitos peregrinos, xogaron nos Chacotes e ata fixeron algunha visita a familiares.

A casa da mosca chosca

As familias de 1° de EP hoxe puideron disfrutar da actuación de teatro dos seus fillos e fillas na biblioteca do cole. Cun público así, o éxito está asegurado. Grazas!

Imos á feira

As nenas e os nenos de 1º de educación primaria foron á feira e aproveitaron para mercar unhas plantiñas para o invernadoiro do cole. Logo, visitaron as instalacións de Jim Sports.

Pasárono fenomenal!

 

Preme aquí para ver máis fotos da xornada.

De paseo... polo tempo.

Bulide! Ata o día 22 de xuño, podedes ver na Casa da Cultura unha exposición fotográfica realizada polo alumnado de 1º curso.

A nós encantounos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut