Skip to Content

Ed. infantil

Sementamos

Sementamos os nabos!
Que ganas tiñamos de voltar ao invernadoiro!
 

 

Sorpresa

aia sorpresa cando atopamos taaaaan alto o xirasol que sementamos o curso pasado!

Serviunos para traballar a motricidade fina quitándolle as súas pipas, para facer a secuencia temporal e para escribir novas palabras.



 

 

 

 



Ideas para un verán xenial

 

 Rematamos o curso felices de ter compartido a mesma burbulla.
Bo verán! Traede mil e unha aventuras para compartir...polo momento aquí van algunhas ideas!
 
 



Cumples infantil

Os máis peques do cole celebrar os aniversarios do 3º trimestre e do verán... fánsenos maiores!

Preme aquí para ver máis imaxes.

Choven poesías

 En abril augas mil. Mais semella que tamén poesías!

Non perdades aos peques da aula de catro anos falándonos sobre poesía. Abride ben os oídos que teñen compañía, sabedes quenes son?

Grazas a moreas a todas as persoas que puxestes o vosa voz nestre proxecto!

A empatía

Na aula de 4 anos, probaron a silla da empatía

En ocasións, resulta moi difícil ser empáticos (incluso aos adultos) pero é moi importante ser capaces de entender como se sinte a persoa que temos ao lado e, así, camiñar cara o respecto.

Para ir desenvolvendo esta capacidade observamos diferentes escenas e as súas personaxes, “poñémonos no seu sitio”, “sentámonos na súa silla” e verbalizamos como se sinten e porque.

 

As gafas de sentir

“As gafas de sentir”, un conto que nos invita a seguir coñecendo as nosas emocións e verbalizalas... este é o comenzo para poder xestionalas. Non nos resistimos a probar! 

Poema Rosalía

 Dámoslle a benvida á primavera recitando un poema de Rosalía de Castro!

Tabletas

Nesta ocasión tocoulle aos peques do cole...empregaron as tabletas para dirixir o mBot e para traballar a atención 

O medo

Seguimos avanzando no recoñecemento das nosas emocións e a súa xestión, neste caso a través do conto: "Os medos do capitán Cacurcias"

Distribuir contido


by Dr. Radut