Skip to Content

Ed. infantil

Cantos contas?

Contando, contando...na aula de catro anos empregan o beebot para asociar o número á cantidade! Xa lle van collendo o truco aos xiros do robot! 

 

 

 

Somos robots

Na aula de 4 anos convertémonos en robots e deixamos que os nosos compis nos programen para camiñar.

Con este xogo traballamos conteo, direccionalidade, pensamento lóxico, atención e diversión!

De festa

Así de ben o pasaron os peques de infantil festexando os cumples do primeiro trimestre. Mirade, mirade.

Parabéns!

Os máis peques do cole celebran os cumpres do primeiro trimestre cunha merendiña!!!

O enredo do abelleiro

Se queredes ver o ben que o pasou o alumnado de educación infantil  "O enredo do Abelleiro", premede aquí.

Sementamos árbores

Non quitedes ollo a este vídeo tan chulo das nenas e dos nenos da aula de 3 anos!

Seguide o seu exemplo e animádevos a sementar unha árbore...

Saída Casa do Patrón

O alumnado de Educación Infantil visitou a Casa do Patrón en Lalín.

Preme na imaxe para saber máis

Coidamos a paisaxe

As nenas e os nenos da aula de 4 anos elaboraron un vídeo para darnos uns consellos e axudarlles a coidar a paisaxe.

Saída Infantil

Queres descubrir a onde fomos de visita as nenas e os nenos de infantil?

Preme na imaxe e poderás descubrilo

A mellor sopa do mundo

Un dos nosos contos preferidos este curso é "A mellor sopa do mundo" da Editorial OQO.

Tanto nos gusta que quixemos que as súas personaxes cobrasen vida. Así que, durante un tempo, as nenas e os nenos de infantil, estivemos creando animais, decorados, facendo fotografías, gravando voces,...e aquí a tedes, a nosa primeira curtametraxe!!
Un fantástico traballo en equipo!
Distribuir contido


by Dr. Radut