Skip to Content

Admisión do alumnado

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estimadas familias,

Dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2022, estará aberto o prazo para a reserva de praza do alumnado de 6º de primaria para o vindeiro curso no centro de adscrición (IES FERRO COUSELO).

As familias poderán cumprimentar a solicitude de reserva:

Presentación da solicitude:

Unha vez cuberta a solicitude de reserva:

-Se a cumprimentaron a través da aplicación de admisión de alumnado poden optar por:

  • Imprimir o anexo e entregalo no centro educativo no que está matriculado o alumnado.

  • Se dispoñen de certificado dixital ou Chave365, presentalo en Sede Electrónica

-Se a cumprimentaron en papel deben entregala no centro educativo no que está matriculado o alumnado.

 

IMPORTANTE:

**No caso de non presentar a solicitude en prazo (ata o 8 de febreiro) perderase o dereito á reserva de praza

MATRÍCULA CURSO 2021-2022

 

Do 20 ao 30 de xuño, estará aberto o prazo para formalizar a matrícula do novo alumnado. Na seguinte ligazón podedes descargar a documentación necesaria para presentar no centro:

 

DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA 2021-2022

 

 **Falta a solicitude do Servizo de Comedor, que aínda non saíu publicada.

 

Para formalizar a matrícula tedes que pedir CITA PREVIA no correo electrónico ceip.oruxidoiro@edu.xunta.gal ou ben  nos  teléfonos 988 392838 ou 649073511.

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS CURSO 2021-2022

 

Todo o alumnado do que se presentou a solicitude de admisión para o vindeiro curso 2021-2022, está ADMITIDO no centro.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

A publicación das listaxes provisionais e definitivas realizarase exclusivamente nos taboleiros situados no interior do centro, conforme a Lei de Protección de Datos, OU a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS CURSO 2021-2022

Todo o alumnado do que se presentou a solicitude de admisión para o vindeiro curso 2021-2022, está ADMITIDO no centro.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

A publicación das listaxes provisionais e definitivas realizarase exclusivamente nos taboleiros situados no interior do centro, conforme a Lei de Protección de Datos, OU a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Cousiñas que facemos

Estamos a piques de rematar o segundo trimestre e, pensando en como comezamos en setembro, quen nos ía a dicir que os nosos nenos e nenas se ían adaptar tan ben?

Son uns Superheroes e superheroínas! Neste vídeo damos boa conta do día a día nesta situación tan diferente.  As mestras tamén contribuímos un pouco a facerlle a estancia un pouco máis agradable e divertida. A semana pasada tivemos unha sopresiña no corredor de infantil. Queredes ver que ben o pasamos?

 

ADMISIÓN 2021-2022

                          

 A partir do 1 de marzo comeza o prazo para realizar a solicitude de praza para o vindeiro curso. Premede AQUÍ para ir á aplicación da admisión do alumnado.

INSTRUCIÓNS

- PRAZO DE PRESENTACIÓN: 1 ao 22 de marzo de 2021, ambos incluídos.

- A solicitude de admisión de alumnado realizaranse mediante o modelo anexo II.

- LUGAR DE PRESENTACIÓN:

1.- A través da aplicación admisionalumnado

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

2.- Na secretaría do centro solicitando cita previa ben no teléfono 988 392838 ou no correo electrónico ceip.oruxidoiro@edu.xunta.gal

- A solicitude será única

- A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

PROCESO DE ADMISIÓN

-  Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL

- Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día   seguinte ao da publicación, DO 26 AO 30 DE ABRIL.

- Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO

- Formalización de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO

IMPORTANTE: A publicación das listaxes provisionais e definitivas realizarase exclusivamente nos taboleiros situados no interior do centro, conforme a Lei de Protección de datos, así como a través da aplicación web admisionalumnado os interesados

 


CURSO

VACANTES DISPOÑIBLES PARA CURSO 2021/2022

4º EI

50

5º EI

18

6º EI

10

1º EP

24

2º EP

14

3º EP

14

4º EP

13

5º EP

6

6º EP

4


 

RESERVA DE PRAZO ALUMNADO 6º

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado
  • Lembrade que, no caso de non presentar a solicitude, o alumnado perdería o dereito á reserva ao centro de adscrición (IES Ferro Couselo).
  • Podedes descargar a solicitude ns documentos adxuntos (Anexo I e Anexo I bis) ou na seguinte ligazón:                                                      http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiporuxidoiro/system/files/RESERVA%20PRAZA%20ALUMNADO%206%C2%BA.pdf
  • Para máis información: na aplicación admisionalumnado

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

LISTAXES PROVISINAIS DE ADMITIDOS EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO 2020-2021

Todos aqueles que presentaron solicitUde de admisión, ben presencial ou ben telemática, están ADMITIDOS.

O prazo para formalizar a matrícula será do 1 ao 10 de xullo de 2020.

 

NOVOS PRAZOS PARA O PROCESO DE ADMISIÓN

-  Publicación das listaxes provisionais: antes do 9 de xuño

- Reclamación ás listas provisionais: 3 días hábiles a contar desde o día   seguinte ao da publicación.

- Publicación das listaxes definitivas: ata o 26 de xuño

- Formalización de matrícula: do 1 ao 10 de xullo

A publicación das listaxes provisionais e definitivas realizarase exclusivamente nos taboleiros situados no interior do centro, conforme a Lei de Protección de datos, así como a través da aplicación web admisionalumnado

REAPERTURA PRAZOS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020/2021

Segundo a Resolución do 5 de maio, reestablécese o prazo e presentación das solicitudes de admisión do alumnado para o curso 2020-2021.

O novo prazo iniciarase o 11 de maio e rematará o 18 de maio.

Recoméndase a presentación telemática das solicitudes.

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

No caso de non ser posible, solicitarase CITA PREVIA para ser atendido presencialmente no teléfono 988 392838 ou ben a través do correo electrónico ceip.oruxidoiro@edu.xunta.es

Pregamos que traian cuberta a solicitude coa seguinte documentación:

ANEXO II

Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando se denegue a consulta de datos).

A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

Lembrade tomar as precaucións de prevención que recomendan as autoridades sanitarias. No centro tomaremos as medidas de limpeza e desinfección oportunas: colocación dun dispensador de solución hidroalcohólica á entrada ao centro, limitación de persoas (cita previa) no mesmo espazo, delimitación de espazos e uso de medidas de protección.

Para calquera aclaración non dubidedes en poñervos en contacto con nós:

Teléfono: 988 392838

Correo electrónico: ceip.oruxidoiro@edu.xunta.es

LISTAXES DEFINITIVOS DOS GRUPOS 2019-2020

Distribuir contenido


by Dr. Radut