Skip to Content

REAPERTURA PRAZOS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020/2021

Segundo a Resolución do 5 de maio, reestablécese o prazo e presentación das solicitudes de admisión do alumnado para o curso 2020-2021.

O novo prazo iniciarase o 11 de maio e rematará o 18 de maio.

Recoméndase a presentación telemática das solicitudes.

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

No caso de non ser posible, solicitarase CITA PREVIA para ser atendido presencialmente no teléfono 988 392838 ou ben a través do correo electrónico ceip.oruxidoiro@edu.xunta.es

Pregamos que traian cuberta a solicitude coa seguinte documentación:

ANEXO II

Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando se denegue a consulta de datos).

A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

Lembrade tomar as precaucións de prevención que recomendan as autoridades sanitarias. No centro tomaremos as medidas de limpeza e desinfección oportunas: colocación dun dispensador de solución hidroalcohólica á entrada ao centro, limitación de persoas (cita previa) no mesmo espazo, delimitación de espazos e uso de medidas de protección.

Para calquera aclaración non dubidedes en poñervos en contacto con nós:

Teléfono: 988 392838

Correo electrónico: ceip.oruxidoiro@edu.xunta.es



page | by Dr. Radut