Skip to Content

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023/2024

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023/2024

 

Estimadas familias,

Comunicámoslle que todos os alumnos e alumnas que solicitaron o servizo de comedor escolar para este curso 2023/2024 están admitidos.

Non obstante, sería conveniente que pasaran a comprobaran que están incluídos na listaxe de admitidos que está publicada no taboleiro de anuncios do interior do centro para evitar calquera posible erro.

Todos os alumnos de nova inscrición no servizo de comedor escolar e todos os que teñen que aboar o servizo, teñen que cubrir un impreso (ORDE DOMICILIACION - SEPA (NUEVO)) cos datos bancarios para enviarlle á empresa e entregalo no Centro. Este impreso pódese descargar no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/15wPS1yTygs37-3aHWlfVFryxLrtb-pEB/view?usp=sharing

 Aproveitamos para informalos das normas a seguir ao longo do curso para evitar posibles reclamacións (familias que teñen que aboar o servizo de comedor) e tamén para non ter que desfacerse de menús que non se utilizan:

“O alumnado que non vaia a facer uso do servizo de comedor terá que comunicalo por correo electrónico antes das 9:30 h. de dito día. No correo electrónico deberán indicar o nome e apelidos do neno ou nena e o curso no que está matriculado así como o día ou días que vai a faltar.”

Segundo a Instrución 3/2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 1 de xuño, sobre funcionamento do comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023/2024: “Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia, antes das 9.45 horas do día que deba ter efecto, deberán ser suspendidos pola Dirección do centro ao dereito ao uso do servizo de comedor durante 10 días.”

 

Un saúdo.

O equipo directivo.

Calendario escolar 2023-2024

Benvidos e benvidas ao curso 2023/2024

Hoxe damos comezo ao novo curso escolar 2023/2024!

Comezan os preparativos para recibir ao alumnado o próximo día 11 de setembro. Así, informamos das datas e horarios das reunións iniciais coas familias (ver imaxe) nas cales trataremos con detalle todos os aspectos do curso.

Saúdos!


Bos días Cole de tarde

 

BOS DIAS COLE DE TARDE 2023-24


O Concello infórmanos de que todas as persoas interesadas en facer uso deste servizo deben escribir un correo electrónico a educacion@barbadas.es mostrando o seu interes por este servizo e enviando a documentación que acredite que por problemas laborais precisan utilizalo.


Nos comunican que o prazo para solicitalo remata o 15 de xullo.


Calquera dúbida podedes preguntar no correo educacion@barbadas.es ou chamando á Casa da Cultura do Concello 988246885.


Moitas grazas a todos polo voso interese.

Bo verán!

Vémonos en setembro...

BOS DÍAS COLE 2023/2024

Dende a ANPA e colaborando co Concello de Barbadás, queriamos saber se é posible implantar en horario de tarde o programa Bos Días Cole para o vindeiro curso 2023-24, para mellorar a conciliación familiar.

Para iso temos que saber cantas familias estarían interesadas neste servizo, sempre que xustifiquen, cun certificado de traballo, a necesidade de conciliación nesa franxa horaria.

Se se chega a un mínimo de 12 familias interesadas que xustifiquen a necesidade do servizo, o Concello comprométese a poñer en marcha o Servizo Bos Días Cole en horario de tarde.

Os interesados ​​poden comunicar o seu interese enviándonos un correo electrónico ao enderezo electrónico da Anpa: anpaoruxidoiro@gmail.com

 

Moitas grazas polo teu interese

Graduacións 2022-2023

Visita aos Servizos de Emerxencia

Rico, rico...

No día de onte o alumnado do centro merendou pan con aceite.

Distribuir contenido


by Dr. Radut