Skip to Content

BOS DÍAS COLE 2023/2024

Dende a ANPA e colaborando co Concello de Barbadás, queriamos saber se é posible implantar en horario de tarde o programa Bos Días Cole para o vindeiro curso 2023-24, para mellorar a conciliación familiar.

Para iso temos que saber cantas familias estarían interesadas neste servizo, sempre que xustifiquen, cun certificado de traballo, a necesidade de conciliación nesa franxa horaria.

Se se chega a un mínimo de 12 familias interesadas que xustifiquen a necesidade do servizo, o Concello comprométese a poñer en marcha o Servizo Bos Días Cole en horario de tarde.

Os interesados ​​poden comunicar o seu interese enviándonos un correo electrónico ao enderezo electrónico da Anpa: anpaoruxidoiro@gmail.com

 

Moitas grazas polo teu interese

Graduacións 2022-2023

Visita aos Servizos de Emerxencia

Rico, rico...

No día de onte o alumnado do centro merendou pan con aceite.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS E FIN DE CURSO 2022/2023

XORNADA DE CONVIVENCIA INTERXERACIONAL

CONTACONTOS 'XELA, A SUPERHEROÍNA DE ALDEA'

Fondo solidario e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

LISTAXES PROVISIONAIS E DEFINITIVAS

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (3º e 4º de Educación Primaria)

  • Listaxe provisional admitidos/excluídos: 26 de xuño de 2023.
  • Reclamacións á listaxe provisional: 2 días hábiles seguintes á publicación da listaxe.
  • Listaxes definitivas: 29 de xuño de 2023.

 

A entrega de libros farase ao comezo do próximo curso (setembro)

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO (1º e 2º de Educación Primaria)

A entrega de vales será do 30 de xuño ao 7 de xullo ou a partir do 1 de setembro.

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria)

A entrega de vales será do 30 de xuño ao 7 de xullo ou a partir do 1 de setembro.

 

Toda a información se pode consultar no taboleiro de anuncios do interior do Centro.

 

LEMBRÁMOSLLE QUE O PRAZO PARA PRESENTAR A SOLICITUDE REMATA O 21 DE XUÑO

 

Celebrando o Día Mundial do Medioambiente

O pasado día 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente e dende o cole enmarcado no proxecto de Edusostibilidade realizamos distintas actividades.

MERENDA SAUDABLE

Distribuir contenido


by Dr. Radut